Asegura que "hai que poñer de novo en valor algo que vai na nosa condición humana, o estar xuntos, porque somos vulnerables e precisamos dos demais", pois, aínda que "nos fixeron crer que con ter un salario cada mes é suficiente, e que non precisamos dos nosos veciños, non é así, porque xuntos somos mellores".
  comenta   0
Nunha comunidade como a nosa, na que se calcula que pode haber uns 2 millóns de microtopónimos, uns 50 de media por cada quilómetro cadrado, "hai moitos que só perviven na memoria dos nosos avós e avoas, que nos van deixando e, con eles, morren centros de nomes", lamenta Vicente Feijóo, coordinador técnico do proxecto 'Galicia Nomeada' e especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
  comenta   0
O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Políticas Contra o Despoboamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
  comenta   0
As voces expertas reiteran a importancia de investir en prevención dos incendios forestais e alertan de que, ante o cambio climático e a probable escaseza de auga no futuro, os lumes serán cada vez máis difíciles de extinguir.
  comenta   2
Unha onda de calor histórica azouta a península ibérica. E aparellada trouxo ducias de incendios que arrasan miles de hectáreas de norte a sur e de oeste a leste, destruíndo espazos de incalculable valor natural e ameazando núcleos de poboación. Os expertos avisan de que as vagas de calor e de lumes serán cada vez máis habituais e intensas.
  comenta   2
A Plataforma cidadá Galicia Baleira sinalou o seu profundo malestar pola "falta de respecto" da Administración "non escoitar as demandas que desde hai tempo vimos reclamando de maneira continuada" sobre todo á Consellería de Medio Rural.
O conselleiro de Medio Rural destaca a necesidade de ordenar o monte galego pero con especies diferentes ao eucalipto. Nesta entrevista ve o plan de actuación do Goberno fronte a crise actual como tardío e insuficiente. Tarde para frear as vendas a perdas e insuficiente porque, para González, as medidas non palían todas as necesidades do sector agrogandeiro. Sobre o dispositivo contraincendios da Xunta, insiste en que o seu departamento aposta por un sistema público e efectivo. Ve necesarios cambios na Lei de Montes en Man Común e debulla un plan de actuación para frear o éxodo rural.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG reuniuse este xoves no Parlamento galego con representantes das organizacións agrarias Fruga, SLG, UU.AA., Asaga e Agaca, e sinalou que o sector está nun "dos momentos máis críticos desde hai décadas".
  comenta   2
"Todos os datos demográficos mostran como a saída das mulleres do mundo rural, practicamente duplica a dos homes", sinalou a ministra de Transición Ecolóxica.
  comenta   0
O presidente da Xunta declarou que a Administración galega seguirá apostando por un sistema educativo "con máis plurilingüismo; con máis libros dixitais e con máis servizos".
  comenta   0
Vendo a dedicación da Xunta de Feijóo para encontrarlle usos ao eucalipto, e vendo a necesidade extrema de producir alimentos no territorio propio, a un non lle sorprendería que alguén estivese a investigar a fabricación en ENCE de celulosa comestible.
  comenta   0
A implantación dos grandes polígonos eólicos polo país adiante so beneficiaría a empresas externas e prexudicaría gravemente o medio rural galego. Cabe preguntarse como é posible que a Xunta permita, e mesmo incentive, algo así.
  comenta   0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu en Bruxelas a importancia de previr o abandono de terras para facer fronte ao reto demográfico.
  comenta   0
Investigadores calculan 413,3 millóns de euros/ano máis para o sector agrícola e a creación duns 10.000 postos de traballo polos efectos multiplicadores. Outro estudo previo advertiu de que Galicia será o territorio máis golpeado en España polo abandono de terras agrícolas. Xunta e Goberno central manteñen discrepancias pola Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
  comenta   0