Nova achega de GC dos correos de Stratfor filtrados por WikiLeaks. Tras anunciarse a nacionalización de NovacaixaGalicia, CatalunyaCaixa e Unnim, Peter Zeihan, vicepresidente de Análises de Stratfor, comentou que "a metade do sistema bancario español é unha absoluta merda", que o seu rescate levaría ao rescate total de España e que "o plan é que o Santander tome o control como banco central do país". Para entender en que nivel se moven Zeihan e os seus colaboradores, amosamos tamén dous emails onde se recoñecen contactos cunha "espía" na axencia de cualificación Moody's.
Ler a nova.