Gómez Caamaño insiste en que "o problema co colexio de médicos está practicamente solucionado. Falamos xa varias veces, buscamos puntos de encontro"
  comenta   0
A Asociación de Persoal de Servizos Xerais do Sergas (APSX) reclamou este mércores de novo a retirada do programa de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), que supón, denuncian, "un risco para os pacientes".
  comenta   0
En rolda de prensa, instaron á Consellería de Sanidade a presentar "un traballo con validez clínica" para demostrar o correcto funcionamento deste plan, que consideran que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" e "vulnera o dereito á confidencialidade e a seguridade dos pacientes".
  comenta   0
O sindicato remitiu senllos escritos ao conselleiro, Xullo García Comesaña, e á directora de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña Álvarez.
  comenta   0
"A conclusión é a mesma de sempre: necesitamos organización e accesibilidade, pero con investimento en infraestruturas, en persoal e en formación" sinalan da Asociación.
  comenta   0
Os socialistas mostran a súa "preocupación" pola situación da sanidade en Galicia, especialmente, por "o buraco negro no que (o PP) está a converter a atención primaria"
  comenta   0
O Xide é un novo sistema que busca facer máis áxil a obtención de citas no SERGAS. Parte da comunidade médica e do persoal de atención aos doentes consideran que se trata dunha “triaxe encuberta” e que vulnera o dereito á intimidade das persoas, ademais de deixar en mans de persoal non médico o primeiro contacto do paciente para ser derivado ou non, á unidade correspondente.
  comenta   1
O Persoal de Servizos Xerais (PSX) do SERGAS pide a súa inclusión dentro das categorías de administrativos. A reivindicación vén desde que, aseguran, foron homologados polo SERGAS “dentro da categoría de celadores”. Isto entrou en conflito coa postura dos PSX, pois consideran que estando o seu traballo relacionado maioritariamente coa administración dos centros, a súa categoría correspondería á de administración.
  comenta   0