Allariz exalta un clásico da gastronomía galega, a empanada

Será os días 17 e 18 de agosto cunha programación na que destacan os deportes e a música.

Por X.M. Fernández | Allariz | 16/08/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O vindeiro sábado 17 de agosto o ‘Disparo de bombas’ anunciará o comezo oficial da Festa da empanada. Será ás 9:00 h. horario no que comezará tamén o Campionato de billarda no Campo da Barreira.

Contorna Mosteiro de Santa Clara, en Allariz
Contorna Mosteiro de Santa Clara, en Allariz

Ese mesmo día pola tarde, ás 18:00 h. terá lugar o consolidado Triatlón Vila de Allariz, competición deportiva que chega á súa 30ª edición e que ten a saída na Alameda.

Pola noite, sesión dobre de música: ás 20:30 h. no Campo de Vilanova, da man de “Picadiscos María Faltri”, e ás 24:00 h. nos xardíns do Museo do Coiro a cargo do grupo “Habitación Vudú”.

De cara ao domingo, máis eventos deportivos e máis música ao redor da “Festa Campestre” de exaltación da empanada -dende as 11:00 h.- no Campo de Vilanova, lugar onde haberá postos deste produto durante todo o día.

Para os amantes do deporte, ás 11:00 h. terá lugar a XXX Regata de Piragüismo Festa da Empanada no embarcadoiro da Alameda e ás 18:00 h. o Trofeo de Fútbol no Seixo.

Empanada con fariña de castaña da empresa Castañam
Empanada con fariña de castaña da empresa Castañam

Ás 12:00 h. Desfile de Xigantes e Cabezudos con acompañamento musical do grupo de gaitas De Pé Feito dende a Casa da Cultura ata o Campo de Vilanova, lugar onde ás 13:00 h. se poderá gozar do concerto da Banda Unión Musical de Allariz.

Máis música, de cara á noite, co concerto de Laroá, ás 19:00 h. no Campo de Vilanova, e baile e verbena a cargo da orquestra Grupo D’Moda na Alameda  partir das 21:00 h.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta