Tempos de incertidume

Levamos máis de dous anos de crise, e cada día que pasa, parece que nunca chegamos á saída do túnel. Primeiro a culpa era de Zapatero. Logo,os que confiaban en Rajoy pensaban que todo trocaría a mellor, e agora decepcionados decátanse que este non é o camiño.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 03/05/2012

Comparte esta noticia
Os silencios  e as mentiras da campaña electoral estaban moi calculados, pois uns e outros, sabían que esta non era unha de tantas crises. Esta era e é una crise que se pode calificar como de sistémica. E riba de todo o anterior, a este momento especial, temos que sumarlle as características propias e peculiares dunha España subida á operación ladrillo, operación que, sobre todo, a dereita promocionou e  que á alegría dunha banca privada incentivou por ser sumamente avariciosa.
Destamaneira pasados os primeiros catro meses do novo goberno, todo camiña cara unha recesión, que traerá máis paro e con elo una perda de calidade de vida.
En Galicia, onde Feijoo asinou un contrato coa cidadanía que se convertiu en papel mollado, todo vai apior do que se esperaba hai tres anos. O populismo dos cohes oficiais, o das cadeirasmoi caras, e catro caralladas máis, deulle ó presidente alento para vivir de rendas un ano. Pero os datos indican que, o problema da nosa aterra, e moito máis fondo do que parecía.
E agora non hai nada que presentar. E soio resta culpar aos anteriores. Así temos unha provincia e una comunidade envellecida demográficamente, sin ilusión e sin claridade para saber  que lle espera no futuro. Polo que todo camiña cara una realidade dura, moi dura da que tardaremos moitos anos en saír.
E con todo o que está a acontecer, o goberno de Madrid fai o que tantas veces lle criticou ao anterior presidente. Ousexa: obedecer cegamente o que dende Alemania dicta a Sra. Merquel. Polo que, se alguén non o remedia, teremos que acadar o déficit cero en apenas poucos anos. As consecuencias da entrada no euro non foron ben  calculadas polos gobernantes do momento edende a posta en vigor da moneda única, vivimos nun mercado supervalorado que pinchou pola débeda privada. E agora as consecuencias son: paro, precariedade, emigración, desfeita e encarecemento dos servizos básicos.
¿Qué nos espera no futuro? Pois no futuro espéranos reflexionar sobre o que temos máis preto. E neste caso, sobre a situación da nosa aterra, e por ende da nosa provincia. Galicia está envellecida, cuns sectores primarios agónicos, e sin industrias punteiras e de futuro. Polo que somos un lugar básicamente de servizos. Por tal razón, penso que teremos que aguzar o inxénio e empezar a buscar solucións políticas dende a nosa terra; teremos que defender  e promocionar o noso, pois a globalización económica, de momento, para o noroeste foi moi negativa. O sector da pesca en decadencia, o agro morrendo; e o mundo industrial en franco declive e podíamos seguir.
Namentres, á espera do que aconteza noutros países como Francia, agardamos para poder trocar os obxectivos da política europea. Pois do contrario  seguiremos sofrindo os recortes e as privatizacións dos servizos públicos universais. En fin, son tempos de incertidume nos que sería bo un gran pacto social multipartidario. Pero para pactar, a dereita ten que ceder cuestións básicas na reforma laboral  noutros asuntos, eiso non está no guión de Mariano. Polo que teremos que mirar para as altenativas novas   que se xeren nesta terra, e a esperar  que escampe.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com