Pois ben, algo semellante acontece cando os cidadáns perden a confianza nas institucións e organizacións que conforman a sociedade actual. Vexamos: vivimos nun estado social que, en teoría, controla ás isntitucións económicas, pois ese control é un aval social que lle dá garantía e solvencia diante os cidadáns. Pero cando, co paso do tempo, nos damos conta de que neste país a mentira e o engano son algo que acontece a cotío, un cae na evidencia de que tal control non existe, ou a entidade controladora, pensemos no Estado, é, no mellor dos casos, burlada ou simplemente enganada.
Esto acontece hoxe cando se fala da banca. Non hai moito tempo a banca española era a máis solvente coñecida. E o banco de España e outras entidades así o afirmaban. Agora toda esa verdade, lanzada aos catro ventos, convertiuse nunha grande mentira. E diante de tal mentira ningunha institución nin goberno son capaces de pedir responsabilidades. Desta maneira o novo rexidor de Bankia di que el non ven a mirar ao pasado, ven a xestionar o futuro. O presidente do Banco de España cala, e o goberno que preside o Sr. Rajoy dalle cartos á esa banca (máis de 24.000 milónns de euros) pero tampouco quere mirar para atrás nin esixir responsabilidades. E mentres, os xestores de tal desaguisado, xubilanse con millóns de euros por facer unha xestión negativa e escandalosa. E así poderíamos seguir e seguir.
Pois ben, voltando ao argumento inicial da pérdida de confianza, os cidadáns xa perdimos a pouca que nos podía transmitir un goberno que recorta e nega os cartos para os servizos públicos básicos, que recorta en investigación, en sanidade e no ensino e que lle dá miles de millóns á banca para sanear unas entidades adicadas, ate hai pouco tempo, a investir na economía especulativa. Unhas entidades que se adicaron a mal invertir os cartos dos aforradores e agora piden a axuda do pai Estado para fuxir da bancarrota.
E así, dun xeito case normal, os cidadáns estamos a piques de non crer nesas institucións que teñen que ser garantes da solvencia das entidade económicas. Pero, está visto que, no país do “Lazarillo de Tormes” todo está en venda; todo vale, por eso sempre gañan os pillos. E aquí aplícolle outro dito que se escoita con suma frecuencia e que eu rexeito rotundamente, dí así: “no país dos lobos hai que oulear coma eles.” Triste lección lle dan, nos dan, aos cidadáns os responsables das institucións que teñen que ser controladoras e garantes da solvencia das entidades financieiras.
Vivimos momentos colvulsos na economía deste país, vivimos momentos nos que son moi necesarias as explicacións acompañadas dunha boa didáctica e dunha gran ética para ser convincentes; para clarificar conductas e pedir responsabilidades. Agora, o goberno dalle cartos a esgalla a entidades bancarías. Si a cousa vai ben, estas volverán ás mans privadas, e os cartos prestados xa veremos se son devoltos ou non. Vivimos nun tempo no que nos tocou socializar as perdas. Pero a pregunta que temos e a seguinte: ¿E cando hai gañancias tamén se socializan estas? Non. Cando hai beneficios estes nunca se socializan. Para chegar á Moncloa o Sr. Rajoy falou de claridade e información. Lembremos “al pan pan y al vino vino” E agora todo se volta silencio e escuridade. E volvo ao pricipio do comentario. Cando un membro da parella perde a confianza no outro está preto o divorcio. Pois ben, debido a falla de confianza nas institucións do Estado, os cidadadáns estamos a piques de divorciarnos dunhas institucións que non cumplen co seu cometido e dun goberno que nega a información que precisamos pois imos ser os pagadores dos erros dos que agora fuxen coa bolsa chea de euros.