O certo é que ao igual que se tardou en recoñecer catro ou cinco anos a crise económica actual, un importante sector da provincia tarda demasiado en decatarse de que Ourense dende hai moito máis de 20 anos fenece lentamente. E este clamoroso silencio de moitos, o conformismo da gran maioría e o alarde prepotente dos case 4000 agradecidos, xentes que soio se miran así mesmo, sen importarlle o derredor no que viven, axudan, e moito, a que esto sexa unha realidade incuestionable.
Claro que a complicidade, amparada nun “galleguismo” de gaita, xantar e loas ao patrón de turno, resultou de gran axuda para acadar a triste realidade social que temos. Din moitos pola baixa que, “na terra dos lobos hai que ouvear coma eles,” e aínda que para algún esto resulta moi bo, o certo é que somos un territorio que vive na absoluta autocomplacencia ate a súa morte definitiva.
Nada que reprochar a ninguén, pois case todos somos culpables, pero o estado provincial, a situación do rural, a decadencia absoluta dun territorio que ten máis clases pasivas que persoas activas, o envellecemento da poboación e o estilo de gobernar son claves para entender que non temos futuro polo menos a medio prazo.
Agora que, os nosos fillos, emigran buscando oportunidades no resto do mundo; agora que todas a promesas de grandes invesións en Ourense foron fror dunha campaña electoral, a triste realidade dinos que imos polo camino errado. Pero, uns calando, e outros autocompracéndose e ensalzando a política populista de quen exerceu o poder, como diría a cantiga My WaY que popularizou Sinatra, a súa maneira, miran para outro lado deixando entrever o que di o refrán “ Na terra dos lobos…”
Agora que están próximas as eleccións autonómicas, cabería reflexionar e preguntar: Para qué valeron máis de vinte anos de goberno na institución provincial? ¿ Mellorou en algo a provincia nese periodo de tempo? E Ourense ¿Gañou posicións fronte as outras provincias galegas, e eso viuse reflexado nos presupostos e inversións? E, ise “galleguismo” de gaita e empanada serviu para algo que non fora enterrar a Coalición Galega por uns postiños en Santiago?
A autocomplacencia agradecida é unha enfermidade difícil de curar. O agradecemento permanente lémbrame á adhesión inquebrantable doutros tempos
felizmente superados. Lévame a non culpar a ninguén, pero tamén incítame a pensar nos valores da política, no que debe ser o seu obxectivo principal: traballar polo conxunto da sociedade, non soio para a parte. Sendo moi comprensibles, ate se pode entender o agradecer particular, pero non en nome da provincia, pois a provincia non é patrimonio soio dos agraciados polo cacique. A provincia é algo máis, aínda que habería que reflexionar sobre si é útil a división provincial, e si serven para algo as deputacións.
En fin, remato: os políticos son o reflexo dunha sociedade, e unha parte da nosa sociedade sigue sendo proclive a autocompalcencia. E si non lembrade aquela cantinela electoral “ Si no eres de PP, jodeté… “ Isto é o que hai. Que lle imos facer.