Vox, un fenómeno político en alza nas áreas urbanas... e tamén no rural

A ultradereita superou ao BNG en catro das sete grandes cidades galegas e en moitos dos concellos das súas áreas metropolitanas. Tamén obtivo grandes resultados en vilas e mesmo en zonas rurais de Galicia. Así se distrubúe o poder dun fenómeno político que irrompe con forza en Galicia e que podería condicionar as eleccións galegas do vindeiro ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Vox non acadou escano no Congreso en Galicia. De feito, é xunto con Euskadi, Navarra e La Rioja, as únicas autonomías e nacionalidades onde Vox non conseguiu representación. Pero este feito non pode chamar a engano. A ultradereita subiu enormemente en Galicia e será unha forza política decisiva nas eleccións galegas do vindeiro ano.

Presenza de Vox en Galicia
Presenza de Vox en Galicia | Fonte: LOC

O último escano da provincia da Coruña caeu no BNG, pero por moi pouco. Os nacionalistas só superan á ultradereita no conxunto do país por 5.000 votos. Unhas cifras que non se poden tomar á lixeira e que apuntan a que Vox non é un fenómeno pasaxeiro, nin hai que minusvalorar. Ven para quedar, cando menos unha tempada, e para condicionar a política galega. De feito, se se trasladaran os datos das xerais a unhas galegas, Vox acadaría cinco deputados, por seis dos nacionalistas. Aínda que tamén é certo que cada elección é diferente e que o comportamento do electorado tamén varía en función de cada comicio.

UNHA FORZA URBANA E RURAL

A fortaleza amosada por Vox sustentase, sobre todo, no espazo urbano, un espazo que durante os anos noventa dominaba o BNG e que agora é para Unidas Podemos e Vox. Pero tamén en zonas rurais. A ultradereita gañou en número de votos aos nacionalistas en cidades tan importantes como Vigo, Ferrol, Lugo ou Ourense. Empataron case na Coruña e en Pontevedra, onde o alcalde é do BNG, e quedou moi por detrás, únicamente, en Santiago. 

A ultradereita tamén supera ao nacionalismo galego nas provincias rurais de Lugo e Ourense –case un punto e punto e medio-- e empata na de Pontevedra –o BNG está a pouco máis de 1.000 votos de diferencia—. É na provincia da Coruña onde a diferencia entre Vox e o BNG é maior, case un punto e medio e 8.000 votos de diferencia. Uns votos que foron, os que finalmente, lle deron o escano ao Bloque.

A pesar da fortaleza do BNG na Coruña –que en Vox atribúen ao apoio que o nacionalismo está a recibir por parte de medios como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego--, o certo é que a ultradereita amosou máis músculo que o nacionalismo tamén nas áreas metropolitanas das ciudades. Isto explica que o fenómeno Vox non é pasaxeiro, que se nutre dun voto urbano descontento co actual sistema político e non necesariamente vello.

Agás na área de Santiago, onde foi a quinta forza na capital galega e en localidades como Ames, Teo ou Brión, o certo é que noutros concellos das grandes áreas metropolitanas de Galicia, Vox foi a cuarta ou mesmo a terceira forza política por riba do BNG e de Unidas Podemos.

COLLE MÚSCULO NAS ÁREAS METROPOLITANAS E GRANDES VILAS

Na da Coruña, Vox gañoulle ao BNG en Arteixo, Oleiros, Cambre, Abegondo ou Culleredo. Na de Ferrol en Miño e Narón; na de Pontevedra, en Marín, Sanxenxo, Meaño, Pontecaldelas, Meis e mesmo en Poio, onde o alcalde é do BNG. Na área de Vigo tamén gaña Vox en Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño , Salceda de Caselas ou Tui. E en Vilagarcía de Arousa.

En Lugo, tamén se impón a ultradereita en todas as localidades que limitan coa capital provincial e en núcleos importantes como Monforte, Vilalba ou mesmo Ribadeo, onde tamén goberna o Bloque. E en Ourense, en todos os concellos limítrofes e en vilas importantes como Verín, Xinzo ou Ribadavia. De feito, os nacionalistas só conseguiron impoñerse como forza máis votada en Allariz, onde gobernan desde hai 30 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 De Vox

Ajo y agua. El año que viene si el PP quiere gobernar tendrá que contar con Vox. A roelo.

1 Sentidiño

Vox en Galicia non existe. Presenta militares de Ávila en Pontevedra, e en abril a unha tía de Abascal que non coñecía Ourense. O anticatalanismo galego non é joseantoniano, nin foi nunca al Valle del Genocidio. Os espectadores do Luar non cantan o caralsol. Un ou dous deputados, con sorte ningún.

2 Geronimus

Claro, un tal Franco, y un tal Millán Astray, no eran gallegos, no, que va. Andaluces de toda la vida. Más o menos lo que decían muchos sesudos analistas de Vox en Andalucía. La única diferencia de aquí es que todo llega más tarde dado el carácter conservador gallego.

7 nacionalismo si

Xa vemos aquí auns cantos do partido de REANOVACION atacando o nacionalismo galego... é acaso vo卐 un fenómeno galego, exclusivo da Galiza e xurdido na Galiza e claro que non... vo卐 e o subproducto alimentado pola incapacidade da esquerda española de facer realidade un-ha republica federal ... do chamado rupturismo... asi pois a reacción fascista (ises sonámbulos que camiñan cara atrás) son o producto dunhas reformas democráticas fracasadas... e por certo o BNG foi dinamitado por ise señor, que decía que ante o ascenso do facismo a opción era a ABSTENCIÓN... e agora os dinamitadores do nacionalismo galego, agora que comenza a xuntarse de novo ... atacan o nacionalismo alguns coas típicas expresións que se utilizaban nos anos 30 polos dereitistas da ceda e outras pantomimas e mascardas que servían de espolón de proa os grandes poderes do estado expañol.

1 nostrus

Fascismo es toda ideologia u organizacion totalitaria e intolerante y que ademas se afana en poner obligaciones innecesarias o exageradas. Por tanto no es patrimonio ni de derechas ni de izquierdas, sino de organizaciones totalitarias e intolerantes, que no respetan la ley ni el orden establecido democráticamente y quienes se afanan en tener mas meritos para ser fascistas, a dia de hoy en España, por su totalitarismo, son partidos como ERC, PdCat, bildu, BNG y otras m..rdas.

2 Casimiro

Anda pateta, vai ser que o PsoEspañolista, polo que xa asegurou Ana Pontón que vai votar Nestor Rego, non representa a dereita católica, monárquica e franquista presente (militares e forzas de seguridade, xustiza, médios), o Ibex, os monopolios, as portas xiratorias, a corrupción, a cal viva, o bombardeo de Libia, a Otan, a Europa do capital... O BNG vota polo nacionalismo español do PsoEspañol. Vox é un aliado do sistema, acaba de favorecer ao PsoEspañol, como o BNG é marca branca do PsoE (xogan a dúas bandas cos adeptos, como La Razón e La Sexta, para embobados por Antena 3, os donos de Planeta recoller beneficios).

6 Gamela

O día 5 de outubro fixemos unha análise radical das manobras escuras de En Marea, pero daquela aínda non podíamos saber cales ían ser as consecuencias (de machacar calquera saída á crise que viven milleiros de galegos e galegas!) Agora vemos que estamos diante dunha vitoria pírrica da UPG ! Nunca un miserable deputado saiu tan caro na Historia de Galicia ! https://i.gal/gamela03

1 Sentidiño

Que escándalo! Deberías advertir por última vez ao Kremlin !!!

2 Gamela

Aquí podes tentar comunicar co Kremlin Galego https://twitter.com/GalizaUPG Ollo coa KGB !

5 Alpinista

Vox axudou a Pedro Sánchez: sumen ou resten, sen Vox sería Casado e o PP o partido máis votado. E a outra axuda foi Más País de Errejón e Bescansa, pois sen está división, creada a mes e medio das eleccións coa complicidade de Pedro Sánchez, os de Podemos serían a terceira forza (moi por riba de Vox). O españolismo arrasou en Galiza, e a ultradereita avanza, coa complicidade do PsoE e coa alegría do BNG, e tontería de Podemos. Por certo, Pedro Sánchez rrxeitan os independentistas e o BNG ofrécese para apoialo, logo que é o BNG?

1 Gamela

Moi boa pregunta! ¿Que é o BNG? (a que intereses escuros serve a UPG?) Aquí temos os resultados dunha vitoria pírrica da UPG! Machacaron calquera saída pola esquerda (En Marea) e agora cólanselle os "desencantados" pola UltraDereita ?

4 MalcomerX

É o que ten a incultura e a alienación dises que pretenden ser españois porque o seu complexo de galegos fainos ter saudades de touradas, sevillanas e paella. O típico luareiro da TVG e lector dos calumnistas da Voz... Pero se a maioría nen falar español sabe (co castrapo van indo...). Uns aspirantes a "jácomes", os Torrentes galegos (madeiros, piolíns, milikos, etc).