Vox, un fenómeno político en alza nas áreas urbanas... e tamén no rural

A ultradereita superou ao BNG en catro das sete grandes cidades galegas e en moitos dos concellos das súas áreas metropolitanas. Tamén obtivo grandes resultados en vilas e mesmo en zonas rurais de Galicia. Así se distrubúe o poder dun fenómeno político que irrompe con forza en Galicia e que podería condicionar as eleccións galegas do vindeiro ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Vox non acadou escano no Congreso en Galicia. De feito, é xunto con Euskadi, Navarra e La Rioja, as únicas autonomías e nacionalidades onde Vox non conseguiu representación. Pero este feito non pode chamar a engano. A ultradereita subiu enormemente en Galicia e será unha forza política decisiva nas eleccións galegas do vindeiro ano.

Presenza de Vox en Galicia
Presenza de Vox en Galicia | Fonte: LOC

O último escano da provincia da Coruña caeu no BNG, pero por moi pouco. Os nacionalistas só superan á ultradereita no conxunto do país por 5.000 votos. Unhas cifras que non se poden tomar á lixeira e que apuntan a que Vox non é un fenómeno pasaxeiro, nin hai que minusvalorar. Ven para quedar, cando menos unha tempada, e para condicionar a política galega. De feito, se se trasladaran os datos das xerais a unhas galegas, Vox acadaría cinco deputados, por seis dos nacionalistas. Aínda que tamén é certo que cada elección é diferente e que o comportamento do electorado tamén varía en función de cada comicio.

UNHA FORZA URBANA E RURAL

A fortaleza amosada por Vox sustentase, sobre todo, no espazo urbano, un espazo que durante os anos noventa dominaba o BNG e que agora é para Unidas Podemos e Vox. Pero tamén en zonas rurais. A ultradereita gañou en número de votos aos nacionalistas en cidades tan importantes como Vigo, Ferrol, Lugo ou Ourense. Empataron case na Coruña e en Pontevedra, onde o alcalde é do BNG, e quedou moi por detrás, únicamente, en Santiago. 

A ultradereita tamén supera ao nacionalismo galego nas provincias rurais de Lugo e Ourense –case un punto e punto e medio-- e empata na de Pontevedra –o BNG está a pouco máis de 1.000 votos de diferencia—. É na provincia da Coruña onde a diferencia entre Vox e o BNG é maior, case un punto e medio e 8.000 votos de diferencia. Uns votos que foron, os que finalmente, lle deron o escano ao Bloque.

A pesar da fortaleza do BNG na Coruña –que en Vox atribúen ao apoio que o nacionalismo está a recibir por parte de medios como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego--, o certo é que a ultradereita amosou máis músculo que o nacionalismo tamén nas áreas metropolitanas das ciudades. Isto explica que o fenómeno Vox non é pasaxeiro, que se nutre dun voto urbano descontento co actual sistema político e non necesariamente vello.

Agás na área de Santiago, onde foi a quinta forza na capital galega e en localidades como Ames, Teo ou Brión, o certo é que noutros concellos das grandes áreas metropolitanas de Galicia, Vox foi a cuarta ou mesmo a terceira forza política por riba do BNG e de Unidas Podemos.

COLLE MÚSCULO NAS ÁREAS METROPOLITANAS E GRANDES VILAS

Na da Coruña, Vox gañoulle ao BNG en Arteixo, Oleiros, Cambre, Abegondo ou Culleredo. Na de Ferrol en Miño e Narón; na de Pontevedra, en Marín, Sanxenxo, Meaño, Pontecaldelas, Meis e mesmo en Poio, onde o alcalde é do BNG. Na área de Vigo tamén gaña Vox en Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño , Salceda de Caselas ou Tui. E en Vilagarcía de Arousa.

En Lugo, tamén se impón a ultradereita en todas as localidades que limitan coa capital provincial e en núcleos importantes como Monforte, Vilalba ou mesmo Ribadeo, onde tamén goberna o Bloque. E en Ourense, en todos os concellos limítrofes e en vilas importantes como Verín, Xinzo ou Ribadavia. De feito, os nacionalistas só conseguiron impoñerse como forza máis votada en Allariz, onde gobernan desde hai 30 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 El Que Avisa

Ese mapa está mal, por ejemplo Brión.

2 Félix.

Ultra derecha llamaban a Ciudadanos cuando empezó.... El BNG aliado con Bildu y apoyando mociones a favor de los etarras, comunistas... todo gente de buenos principios. Es de lo peor. Engañan a mucha gente con el buen rollito del nacionalismo y defender lo nuestro pero en realidad representan la facción más resentida del pueblo gallego, A cambio el chollo de los puestos de reparto del poder del dinero público que es lo único que verdaderamente les interesa.

1 Antonino

A situación do BNG e por tanto do nacionalismo é dramática. Salvan os mobles con ese escano de Nestor Rego pero se miramos mais alá o resultado é calamitoso. En moitas vilas VOX saca mais votos que o BNG. VOX! Vilas do interior, en cidades como Vigo. Nas provincias de Ourense e Lugo teñen mais votos. O parlamento galego vai camiño de ter mais deputados de VOX que do BNG. Realmente dramático. O BNG queda como un reducto para unha parroquia nacionalista minoritaria dun 10% dos votantes. E mentras VOX camiño de ser chave de goberno para unha nova lexislatura de Feijoo. Morre Galicia como nación.