Martiño Noriega, sobre Anova: "Nunca un morto estivo tan vivo"

O exalcalde forma parte da única lista que se presenta ao proceso de renovación da dirección do partido, liderada por Antón Sánchez

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O exalcalde de Santiago e portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, reivindicou o peso do seu partido, Anova, na construción dunha "alternativa" ao Partido Popular do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de cara ás eleccións autonómicas do próximo ano.

Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta
Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta | Fonte: CA.

Na véspera da asemblea da que sairá a postura de Anova para as eleccións galegas, Noriega incidiu en que a organización nacionalista da que forma parte "ten unha gran potencialidade para seguir construíndo" o espazo da unidade popular.

"Ás veces escoito falar de que a achega de Anova está finita e que non ten sentido", sinalou o cofundador do partido soberanista, que considera que a "agresividade tan grande" que, di, percibe cara á súa organización lle fai chegar á conclusión de que "nunca un morto estivo tan vivo".

"Anova ten unha gran potencialidade para seguir construíndo ese espazo", defendeu o exalcalde compostelán e unha das referencias do partido, que cre que isto o demostra que "preocupe tanto que unha organización soberanista siga construíndo espazos que disputan hexemonías dentro do país".

Así as cousas, considera que Anova "ten que estar" na candidadatura de unidade "na fórmula que sexa" para así "ampliar o espazo" de cara ás autonómicas, polo que espera que da asemblea deste sábado saia unha tese política "de consenso" ao redor de "transitar este camiño".

Cuestionado sobre se se expón dar o salto da política local ao ámbito autonómico, Martiño Noriega apelou á súa condición de "militante". "Martiño Noriega está no mesmo sitio que en xuño", indicou, antes de pór o foco en que "estes días" lle serviron "para testar que resistencias hai".

ÚNICA LISTA Á DIRECCIÓN

Así as cousas, unha única lista opta ao proceso de renovación dos órganos de dirección de Anova, proceso que se desenvolverá este sábado na IV Asemblea Nacional da organización.

Deste xeito, o actual portavoz nacional e deputado autonómico, Antón Sánchez, encabeza unha lista continuista coa cúpula saínte. Acompáñano o propio Noriega en terceiro lugar e o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras no quinto posto.

Gladys Afonso, Cristina Amor, María do Pilar Barros, Pepe Arias, María Bentrón Carbia, Raúl Asegurado e Antía Comesaña completan os primeiros dez postos dunha candidatura composta por 50 nomes que é definida pola actual dirección como unha lista que "representa a pluralidade da organización para relanzar o proxecto de Anova e do espazo de ruptura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

12 Dundum

Que ten de malo que exista unha forza socialdemócrata de raizame galega? Seria bo que a maioría do espazo político galega fora enchido por forzas de raíz galega e non madrileña.

11 Bernal Calvo Delaciga

Trolls benegallos que non dan superado o trauma de Amio ladrándolle ao mellor político do republicanismo galego. Así desafogan as súas frustracións de perdedores ao servizo de La Vox de Galicia, e agora tamén de Errejón no Grupo Parlamentario Múltiple. Que sigan ladrando, é bo sinal.

1 Bernal Calvo Decomisiones

Si todo un triunfador igual ca ti home. Arrasastes co voso rupturismo de CEOE e vai seguir habendo rupturas. Sabes que agora dos 20 militantes 10 ou así se vos van cando intentedes ir con Yolanda en Común non?

10 abella

Lázaro, levántate e anda

9 Calvo sen pucha

Xa fala de si mesmo en terceira persoa, se lle subiu o cargo de pasar de barón a xentilhome.

8 El Ciz

Pois a min pasabame todo o contrario seica, pensaban que estaba vivo