O BNG facilitará a investidura de Pedro Sánchez

O Bloque dá o 'si' ao PSOE. Nas reunións pediuse a transferencia de competencias e o recoñecemento de Galicia como nación, entre outras demandas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2020 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, emprendeu viaxe a Madrid para pechar este venres, xunto co deputado desta forza, Néstor Rego, o acordo co PSOE que garantirá que Pedro Sánchez será investido presidente do Goberno. O Bloque asinou o pacto polo que dará o 'si' no Congreso.

A portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e deputada no Parlamento de Galicia, Ana Pontón
A portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e deputada no Parlamento de Galicia, Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Fontes do Bloque aseguraron esta tarde que a negociación xa estaba "moi avanzada" para que o único deputado do Bloque no Congreso dea o seu voto favorable na investidura, de forma que os votos a favor sumarían 167, á espera de que Coalición Canaria dese definitivamente a súa postura.

Pontón recoñeceu que houbo "algunhas cuestións nas que houbo avances" na negociación co PSOE para que o deputado nacionalista no Congreso apoie a investidura de Sánchez como presidente do Goberno.

Tras participar en Santiago nunha reunión da Executiva nacionalista que se prolongou durante dúas horas, Pontón explicou que aínda non estaba decidido esta mañá o sentido do voto do deputado do BNG porque seguía aberta a negociación entre Néstor Rego co PSOE e quedaban "algúns flocos aínda por perfilar".

"Temos unha disposición ao diálogo e á colaboración, pero ten que haber tamén compromisos concretos con Galicia, cos nosos problemas, coas nosas necesidades", demandaba Ana Pontón antes de asinarse o acordo, en referencia á denominada "axenda galega", que inclúe demandas como a transferencia da AP-9 e medidas para paliar as continuas subas das peaxes ou solucións para a crise das industrias electrointensivas, entre outros puntos como a modernización do ferrocarril ou o saneamento das rías.

Para dar o seu voto afirmativo á investidura de Sánchez, os nacionalistas galegos esixiron que os compromisos que logren arrebatar ao PSOE queden "materializados nun documento" para asinar. "Cremos que é importante que se poida constituír goberno, pero ese goberno ten que ter un compromiso claro con aqueles problemas que levamos sufrindo no noso país e que necesitan solucións, porque os galegos xa estamos fartos de non pintar nada no Estado", proclamou Ana Pontón.

Para a dirixente nacionalista, "está claro" que o deputado que o BNG logrou recuperar nas eleccións do pasado mes de novembro "está a servir para pór os intereses de Galicia sobre a mesa, para que Galicia estea presente nesta negociación". "Iso de seu é unha boa noticia e nós imos traballar para que iso se materialice en compromisos concretos coa axenda galega", concluíu.

Nunha entrevista concedida a Europa Press este xoves, antes de facerse oficial o acordo, Ana Pontón xa avanzaba que aos nacionalistas galegos non lles gustaba o escenario de ter que votar en contra da investidura de Pedro Sánchez, pero advertía que o sentido do seu deputado no Congreso estaba condicionado a que houbese "realmente un compromiso por parte do PSOE".

"Nós non imos dar cheques en branco nin a regalar o noso apoio a ningún goberno que non se comprometa realmente con solucións para os problemas dos galegos", avisou. "Ou estamos a condicionar os nacionalistas a axenda ou o grave é que, nas cuestións estruturais do noso país, parece que PP e PSOE se comportan como dúas pingas de auga. Por tanto é a responsabilidade do PSOE conseguir ese apoio", agregou.

Ao seu xuízo, "hai demasiados paus nas rodas" que pon "desde Madrid cando toman decisións sen ter en conta o seu impacto" en Galicia. Por conseguinte, nas negociacións de Néstor Rego coa vicesecretaria xeral do PSOE e portavoz parlamentaria, Adriana Lastra, o Bloque puxo o acento "nun paquete de medidas que son importantes" e que denominan "a axenda galega".

Así, demandan "unha solución para a crise das industrias electrointensivas" que impida que pechen empresas como Alcoa, da que dependen "máis de 2.000 empregos" en Galicia. "Ten que haber un compromiso claro de que o estatuto das electrointensivas vai permitir un prezo competitivo que garanta o emprego e a actividade económica nun sector como é a produción de aluminio, que é importante no noso país polo que representa de PIB e en número de empregos", explicitó Ana Pontón.

"Acabar cunha estafa continuada aos cidadáns como son as continuas subas das peaxes da AP-9" e conseguir a transferencia desa infraestrutura pola que o Bloque leva "loitando moitos anos" é outro dos puntos que o Bloque negociou a cambio do seu apoio. Para Pontón, a rebaixa das taxas por circular por esa autoestrada "é unha cuestión de vontade política".

"Se o consello de ministros pode subir peaxes, tamén se pode reunir e decidir que non vai aplicar esas peaxes que dependen de reais decretos que asinaron gobernos de PP e PSOE ou que se vai a expor unha redución nas peaxes da AP-9", subliñou.

"GALICIA, NACIÓN SEN ESTADO"

Así mesmo, Pontón avisou que "Galicia non vai permitir quedar atrás nos recoñecementos que consigan Euskadi ou Cataluña". "Non só son nacións sen estado Euskadi e Cataluña. Galicia tamén ten que estar nese mapa. Iso significa o recoñecemento do noso carácter como nación. Tamén dar pasos concretos neste momento", subliñou tras lembrar que durante dez anos, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo non conseguiu "nin unha soa transferencia".

Neste punto, a líder nacionalista explicitou que "Galicia ten unha necesidade imperiosa de conseguir competencias como a de tráfico" para poder "facer unha política de seguridade viaria propia, adaptada a unha realidade que nada teñen que ver con outras partes do Estado". Na súa opinión, esta transferencia significaría "unha mellor prestación dun servizo que é esencial" e desenvolver a Policía autonómica propia, "que ten recoñecida o actual Estatuto e que hai unha lei aprobada que leva paralizada hai máis de dez anos".

Para Pontón, non é un problema que Cataluña teña "unha relación bilateral" co Goberno central, posto que a súa formación política aspira "a que Galicia tamén teña unha relación bilateral co Estado en todos aqueles asuntos que teñen que ver coa defensa dos intereses galegos".

"O que pasa é que vivimos un momento dunha gran reacción no Estado español, onde cousas que son normais e habituais e que forman parte da lóxica política se pretenden criminalizar por parte dunha dereita que está rabiosa, entre outras cousas porque pensaba que iamos a terceiras eleccións e quizais era o que quería", argumenta.

ACORDO PSOE-PODEMOS "MOI FROUXO" EN DEREITOS SOCIAIS

En canto ao acordo subscrito entre Podemos e o PSOE, Ana Pontón cre que "queda moi frouxo" en cuestións como a recuperación da idade de xubilación aos 65 anos, "en que haxa un compromiso real e non só declarativo con avances nos dereitos sociais", en conciliación porque os permisos de maternidade "quedan moi curtos".

"Veremos cal é o desenvolvemento que teñen ao longo da lexislatura, pero creo que desde o punto de vista da recuperación de dereitos sociais nótase que o PSOE ten moito peso nese acordo", apunta a portavoz nacional do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

11 Valdeorras Nazón

Seguimos co centralismo compostelán. Conseguiu algo Anna para a miña nación valdeorresa? Que pasa coa infame N-120? Para cando a autovía con Ponferrada e Ourense? Penosa lideresa, penosa UPG. Pola liberación de Valdeorras e a súa unión co Bierzo para a constitución dunha nova comunidade autónoma libre e soberana.

1 gorrino ti

Se ti es do pp ou vox que non enganas ninguén mendicán.

2 Valdeorras Nazón

Chegou ou liberado de garda. Mira lacaio, se teño que escoller entre os centralistas españois de Vox e os centralistas composteláns do BNG non sei con quen quedarme. Pero polo menos os primeiros son coherentes e queren acabar con este niño de ladróns chamado estado das autonomías parasitados por xente como a túa xefa. E a verdade é que desde Casaio tardo tanto en chegar a Compostela como a Valladolid.

3 Mugueimes

O Val de Orras pode solicitar a anexação com o Berço ou até ser uma nação? Não, quando joga cum sentimento inexistente disfrazado de argumento ridículo para justificar o sometemento de terceiros povos! E sim, quando em Val de Orras tenham consciência identitária diferenciada! Daquela sim, repito sem medo, votando, que é a única forma democrática para decidir! Mas não impedindo agora votar a terceiros, negando dereitos a outros povos! Vocês podem casar e descasar com quem desejem, para exercer a sua liberdade não precisam someter a outros. Simples, verdade!

10 Kh8s

O que máis fixo por Galicia, en Madrid, foi o pp de Rajoy. O BNG aproveitase do pouco nivel do seu electorado para colarlle mentiras.

9 antifacha

adicado os que critican o voto do BNG... uns son uns provocadores e os outros uns fascistas... sabemos moi ben o que traman os pepeiros e o que intentan dende a xustiza expañolenta... e seguramente tendrá a contestación que se merecen... non se deixen provocar polo facismo pepeiro!!!

8 Currelante

Os Reis Magos pasan todos os anos. Por exemplo, a cacareada gratuidade do tramo de autoestrada de Redondela a Vigo, que agora trae a Ana nas alforxas, xa era compromiso hai dous anos. Si, leron ben (hemerotecas de xaneiro de 2018). Acontece que os compromisos non son garantías esixibles. Na foto quedan moi ben os Reis Magos, sempre que haxa inocentes... Na realidade BNG e En Común (IU+Podemos), van votar SI por fume (e de haber chourizos, vanos papar nas cúpulas de IU, Podemos e UPG). Lamento estragar o día dos Magos da política sistémica.

7 nostrus

¿recoñecemento de Galicia como nación?, será "nación de Breogán", "nación do lacón", nación espiritual, sentimental ou emocional, pero o que se di "nación" sin apelido (xa o dixo o TC ao respecto a Cataluña) só hai a nación española e idivisible, alomenos mentras o pobo español asi o queira. Sinto moito defraudar a parroquia nacionática.

1 Os feitos

https://www.eldiario.es/galicia/ano... Negar a realidade de Galicia como nación asemnella un nacionalismo español ultraderechista, iso de Nación española unica e indivisible... ninguen dubida da existencia de España como nación pero non se pode negar tampouco a realidade nacional de Galicia que e de feito mais antiga ca española. Outra leiras son se vostede esta de acordo nunha galicia independente, federal ou autonomica pero os feitos son os feitos é un non por non ter estado propio deixa de ser unha nación.

2 Bismutiño

Ya puestos, la realidad nacional de Cartagena es innegable, tanto que se declaró soberana hace 150 años con relaciones exteriores y hacer guerras por su cuenta. Y no digamos la de la ciudad de Numancia que hizo lo mismo hace dos mil. En Galicia tenemos realidades nacionales cercanas y probadas históricamente como la del Coto Mixto que hasta el siglo XIX fue de facto una nación independientemente y que tiene verdadera base histórica para ser considerado una nacionalidad.

3 Mugueimes

Andam um pouco desnorteados... O Couto Misto nunca foi uma nação. Sim era um microestado independente de facto das coroas galega e associadas, como Leão e Castela (agora espanhola) e portuguesa, com existência do século X a1868. Não têm conceito de nação espanhola nem galega antes do século XIX, sim reinos (podendo considerar o dos Suevos na Galécia o primeiro da Europa), pois na nação o soberano passa do rei ao povo (e isso é da modernidade, muito recente!). Um estado não equivale a uma nação (no Reino Unido, por exemplo e para não incomodar, Inglaterra, Gales e Escócia são as nações reconhecidas). Revisem conceitos, sejam e deixem ser o que cada quem desejem.