Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 08/01/2020
Algo deso esta a acontecer na política dentro deste noso Estado cando son continuas as verbas excluíntes para demonizar ós que entenden dunha maneira distinta o que é ser español.
E pra elo uns empregan medias verdades dicindo que somos a nación máis antiga de Europa; e que no haber temos máis de cincocentos anos de existencia, cando todos saben que, na época dos reis chamados católicos, o concepto de nación non existía. E sí o de reinos.
Lembro que no libro de Castelao Sempre en Galiza o ilustre rianxeiro falaba dunha federación de pobos ibéricos, claro, incluíndo a Portugal. Supoño que se hoxe se defendera iso tamén sería tratado como un insulto para moitos.
O certo é que esa maneira de entender o que é ser español e poñelo fronte ós que primeiro nos consideramos galegos ou doutros lugares e despois españois é unha maneira de afirmar que non somos bos españois, pois non entramos na dinámica nin nos parámetros dos que se enchen a boca falando desa España que añora un imperio e un réxime centralista que non existe.
Mais, no fondo desta verborrea tan española e excluínte, que se agocha? Pois detras desa verborrea está o centralismo economico que, en moitos casos impide, o desenvolvemento deso que chaman a periferia. Un xornal hai uns días afirmaba que en Madrid, teñen o domicilio fiscal moitas grandes empresas que operan nos distintos territorios do Estado, e por iso, esa comunidade recada un volume de cartos moi superior o que lle correspondería polo número de poboación que ten.
Ou sexa: pra entendernos, as empresas operan en zonas distintas a Madrid pero teñem o domicilio fiscal e cotizan na capital do reino. Logo dinos que somos unha terra subsidiada.
Triste discurso que emprega a dereita cando pretende monopolizar o concepto de España e so vé inimigos naqueles que reclaman unha organización territorial con maís competencias que distribuan a riqueza dunha maneira máis equitativa. E pra iso din que os nacionalismos da periferia son malos excluíntes. E pregunto: e o nacionalismo español que é?
Os dogmas na política son malos de por si, pois funcionan como cuetións de fe que seméllanse a dogmas relixiosos e polo tanto inmutabeis. E iso xa non é política. A dereita sempre tivo patente de corso para aprópiase do concepto de España. E os seus membros actuan como se só foran eles os donos do Estado. Deste xeito calquera discrepancia resulta se mala. E todo iso fanno sen dar ningunha alternativa ós problemas políticos e territoriais. De pena.