Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 01/09/2012
Este conto tradicional lévannos a interpretar a temporalidade das leis, e o seu condicionamento cos compromisos electorais do partido gobernante que, sentindose forte, trata de satisfacer as débedas electorais contraídas con minorías relixiosas elitistas que nos queren salvar e guíar moralmente no camiñar pola vida terráquea.
Se alguén pensaba que no ensino xa tíñamos superados os traumas do franquismo e que na educación non aparecerían e se subvencionarían modelos que foron realidade na ditadura, estaba errado. E un exemplo claro témolo na manipulación que se fai do termo liberdade dos pais para xustificar a segregación por sexos non ensino. Agora, e visto o visto, queda claro a razón pola que o PP non quería chegar a un gran acordo sobre a lei de educación co ministro Gabilondo. A dereita tiña o seu modelo do que entende por libertade de elección dos pais, e os compromisos acadados cos sectores relixiosos deste país chamado España, reclamando o cumplimento do pactado traen esta nova mirada ao pasdo. Maís a dereita nunca falou desto na campaña electoral. Non vendía e non conviña asustar á cidadanía.
Por iso, no primeiro decenio do século XXI volvemos a lembrar o tempo das vellas escolas unitarias e dos institutos onde os nenas estaban arredadas dos nenos. Así foi a etapa franquista. Así eran aquelas escolas tanto no rural como na cidade onde á integración era unha utopía. As nenas eran educadas para ser boas amas de casa, e os nenos para ser os pais que mantiñan a familia. Elas ensinadas a facer labores, e os nenos, a xogos de nenos. Claro que a realidade social, actualmente é moi distinta. E aquela sociedade puritana nas formas externas e farisaica no seu funcionamento tiña problemas semellantes aos que hoxe existen, aínda que todo se tapaba. Con todo, a tremenda presión relixiosa e moral que se exercía dende os púlpitos para frear os vances dunha sociedade que camiñaba cara unha normalización da vida civil e das relacións entre homes e mulleres, pouco valeu para frear os avances cara a igualdade que agora sutilmentre tentan poñer en cuestión.
A dereita, nacida da adaptación do franquismo comenenciuda á democracia, sigue estando ao servizo de organizacións relixiosas, algunhas semellantes as sectas, que pretenden ser modelo moral e guiar a vida de todos os cidadáns, esquecendo que vivimos nunha sociedade plural e aberta no ideolóxico e no relixioso. Posiblemente esta reforma da lei de enseñanza persiga unicamente seguir sufragando cos cartos de todos a separación dos nenos das nenas no ensino. Posiblemente non valga para nada e soio faga encarecer o mesmo. Pero ollo, aínda que os tempos trocaron, e poucos pais acepten ensinar aos seus fillos en aulas arredadas por sexos nos colexios, a cuestión da libertade de eleccións dos pais non é máis ca unha xustificación para tratar de impor un modelo ideolóxico, sexista e intolerante nunha sociedade aberta que aspira a vivir con normalidade e en libertade, onde homes e mulleres deben ter unha relación de igualdade e respeto mútuo.
Pero ademais de todo o dito, a conclusión que se quita no referido ás leis que debían ter un amplo consenso e duración no tempo, é que, en cuestións básicas, á parte ideolóxica non pode sentirse a representante do todo. Pois desta maneira non vamos a ningures. Por iso, a miña referencia ao conto inicial do raposo e o galo e que aludía a duración das leis. As leis boas e de longo alcance precisan dun amplo consenso, pois si non se fan con esa mira, duran pouco tempo, crean confusión entre os gobernados e sempre perden utilidade social. Por iso a desconfianza do galo fronte as boas promesas do raposo pois, as leis do rei ate que gorbenou o partido X eran así, e agora que goberna outro serán doutra maneira. En fin, que o de segregar nas aulas por sexos paréceme un disparate, e aínda que haxa algún pai que o pida, tamén hai outros que piden que os fillos non deben ir á escola e soio se deben educar na casa, e non se lle permite por ser un feito antisocial.