Eurovegas e o fume electoral

Híerática ela , o mesmo fai unha cousa e logo anuncia a contraria. A súa imaxe transmite indolencia, falla de sensibilidade, frialdade e distancia. Logo fala de recortar deputados e eliminar soldos como se esa fora a solución dos graves problemas que temos. Pero días atrás proclamaba o contrario. Claro, esquecendo que ela superaba con moito os 200.000 mil euros anuais de soldo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/09/2012

Comparte esta noticia

¡Que imaxe de fachada caleada e farisaica! A  muller que di unha cousa e logo a contraria  vive de  facer o  que lle mandan  os asesores ideolóxicos do partido. Populismo puro que agocha un antiautonomismo  de rancio abolengo nacido dunha visión da España máis intransixente e das épocas escuras.  

Vivimos nun momento político e social no que os que nos gobernan perderon toda credibilidade pois uns minten e fan todo o contrario do que predican, e outros como a presidenta da comunidade da capital do Estado, quérenos facer ver que un proxecto de promoción da ludopatía é un bo proxecto para este pais. Vaia dúo que forman a Espe e a Cospe.
 
Pero este dúo e os demais acompañantes parece que   camiñan un tanto desnortados, pois carecen de proxecto e solucións á crise actual, e ate venden, como froito das  súas reformas,  as razóns polas que  un multimillonario americano  virá a instalar  un macroproxecto onde o xogo vai ser o que nos salvará dos males que nos aflixen.
 
Iste é o modelo de pais que lle vamos a ofrecer ás novas xeneracións. Crear na comunidade de Madrid  e  noutros lugares uns grandes complexos de instalacións adicadas a fomentar a ludopatía. E para iso, a presidenta da comunidade, está disposta a modificar a lexislación e xa veremos cantos máis favores fará  para que cheguen as inversións que nos sacarán da pobreza. A verdade e que estamos a crear un país onde só haberá traballo para a hostelería,  e todo o que se derive dela. Vamos, un país de camareiros, repartidores de cartas, con todos os respectos para as xentes destas profesións.
 
Todas estas promesas sen proxecto definido, sin aclarar as fontes de financiación, sin compromisos serios, parecen un conto. Claro que, de contos deste tipo houbo moitos  nesta nosa terra e sobre todo nesta cidade. Promesas e anuncios  a moreas. Todo resultaron ser fume e  carnaza para animar á parroquia dos que  aínda cren na multiplicacións dos peixes e dos pans; dos que cren que unha cousa farase realidade  porque o anuncie Feijoo ou  Baltar, ou o diga a Señora  Aguirre  a  Cospedal ou o mesmo Mariano. Todo é fume para engaiolar á cidadanía. Hai uns días o Sr. De guindos dicá: “lo que estamos haciendo nosotros en esto momentos, referíase a recortar, lo hizo Alemania hai diez años” E digo eu: ¿Quén gobernaba neses anos España? Pois gobernaba Aznar e o que agora   isto di   era un alto cargo do  Estado. 
 
Vivimos na época onde, quen goberna,  di unha cousa e logo fai xustamente a contraria. Vivimos no tempo das fábulas, e o pior é  que, un sector da cidadanía, sigue crendo nas milongas que nos contan  con tal de fuxir das responsabilidade e promesas coas que se concurriu a un proceso electoral. E como non hai pescado que vender, os gobernantes recurren a anuncios de macroproxectos que serán a salvación do pais. En fin, como son bastante escéptico, vaticino que a maioría destes anuncios son fume electoral. Por iso creo que o de Eurovegas  e un brindis para promocionar a ludopatía. Pero o anuncio da Cospedal é o principio do fin das comunidades autónomas, que non do Senado nin das Deputacións. Polo que  Poñámonos a temblar na nosa terra, pois Feijoo tamén é outro mandado de Xénova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com