Máis galego con menos subvencións

O Día dos Medios en Galego reivindica o gran momento dos medios en galego nun panorama marcado polas millonarias subvencións da Xunta aos grandes medios de comunicación que utilizan o castelán. Amega anuncia o primeiro certame de Vídeos, Podcast e Regueifas.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 09/02/2020 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

O Casino 1889, unha entidade centenaria resucitada pola mocidade carballesa, acollía esta fin de semana un acto para celebrar o Día dos Medios en Galego. Unha data que pretende reincidir na importancia de manter viva a nosa lingua a través dos medios de comunicación, ao tempo que serve para visibilizar a realidade dos máis de 100 medios activos que contan o que acontece no país en galego. Unha gran vitalidade dos medios en galego a pesar das escasas subvencións existentes en contraste coas millonarias axudas que os grandes medios en galego reciben da Xunta.

Celebración do Día dos Medios en Galego en Carballo
Celebración do Día dos Medios en Galego en Carballo | Fonte: QPC

Neste acto, que organiza a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), participaron máis dun cento de persoas e contou coa presenza de representantes de destacados medios en galego coma Que Pasa na Costa, Nós Diario, Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radio Fene, A nova Peneira, Pincha, Lindeiros ou a Revista Mazarelos, entre outros.

Foi un acto sinxelo e apegado á terra, que abriu a regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, que presentou a ritmo de regueifa e mesmo de brindo e nel participaron Rebeca Munín, representante da Revista Pincha e membro da directiva da AMEGA; María Muíño, deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña; Valentín García, Secretario de Política Lingüística; e Maruxa Suárez, concelleira de Normalización do Concello de Carballo, en presencia tamén do alcalde Evencio Ferrero.

A novidade púxoa Munín, que anunciou o Certame de Vídeos, Podcast e Regueifas buscando a implicación da mocidade na necesidade de manter viva a lingua nos medios de comunicación (tendes as bases aquí). Tamén destacou a intevención de Avelino González. Un dos nosos mellor contadores, quixo reflexionar sobre como Cunqueiro tería reaccionado reaccionado ante a lingua galega que utilizan as grandes cabeceiras do país. Cunha sesión de “filoxoxía de patacón” arrincou as risas dos asistentes facendo ademais unha apoloxía das bondades do galego para “falar idiomas”.

Pecharon a festa a banda de Esteiro, Terbutalina. Unha banda que segue cantando, como o primeiro día, na súa lingua, a pesar das numerosas portas que eles mesmos se lle teñen pechado, por ese feito. A banda muradá reivindicou a súa lingua botando esa nova Muiñeira que levan por toda a península.

O 7 de febreiro foi instaurado como o Día dos Medios en Galego en 2018, gracias á aprobación de todos os partidos do Parlamento Galego, e serve para lembrar o nacemento en 1876, do primeiro xornal integramente escrito en galego do Rexurdimento: O Tío Marcos d’A Portela. O acto contou coa colaboración do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Noticia elaborada coa colaboración de QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Geronimus

Por la eliminación de todas las subvenciones a los medios de comunicación, sea en castellano o en gallego. Por el cierre de la Telegaita. El que la quiera ver que la pague.

1 CastelaoPaSogama

Muy de acuerdo, pero yo privstizaría la tele gaita, y lo mismo digo con TVE. Si ya no hay prensa del estado, si hay tele o radio pública es porque son aparatos de propaganda de Feijoo o Sánchez.