Noriega acusa a Unidas Podemos de "preferir un peor resultado" a unir a esquerda

O ex alcalde de Compostela repite a mensaxe de Antón Sánchez e destaca que "Unir multiplica", sen pechar a posibilidade a un acordo con todas as forzas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, dixo ter a sensación de que Unidas Podemos "prefire obter un peor resultado" nas urnas coa súa "posición estratexicamente lexítima" en lugar de "arriscar, ser audaces e ter valentía" de cara ás eleccións do 5 de abril.

Despois de que o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, insistise en que a plataforma Galicia en Común --na que se integran o partido morado e EU-- é o espazo desde o cal sumar, Noriega sinalou que isto "non atende á demanda cidadá", xa que se trata "dunha marca partidaria que ten a centralidade, pero que non o é todo".

"A unidade popular non só é o federalismo de Unidas Podemos, é tamén o soberanismo, tamén o municipalismo, todo o que deu razón de ser aos resultados que obtivemos", explicou, rememorando os éxitos das mareas locais do 2015 e a segunda praza alcanzada pola xa rota plataforma En Marea.

Noriega "non perde a esperanza" a un acordo entre Anova, Podemos e EU, pero ve moi complicado que haxa cambios de posicións.

"UNIR MULTIPLICA"

Neste contexto, advertiu que o cambio político na Xunta "non chegará unicamente coa melancolía do bipartito" entre PSdeG-PSOE e BNG nin "dun espazo da unidade popular representado só por Podemos". "Unir multiplica", asegurou en varias ocasións, durante a entrevista na Cadea Ser.

Pase o que pase, Noriega garantiu que Anova, que contempla a posibilidade de concorrer coas mareas municipalistas, estará presente nas eleccións autonómicas porque "así o decidiu" no recente proceso de refundación que viviu a formación.

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, nunha entrevista en Cadena Ser.. CADEA SER
O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, nunha entrevista en Cadena Ser.. CADEA SER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 José

O mellor que podían facer Noriega e Villares e asumir a derrota e non se apresentar ás elecións, para así non trasladar a súa condición de derrotados ao resto dos galegos que aborrecemos ao PP

1 Construtivo

E se en vez de mandar a xente para a casa a aproveitamos e van todos xuntos non sería mellor. O nacionalismo debera ir unido dunha vez. Xa pasaron nove anos. Cicatrizade ou teremos Feijoo+Vox

2 Bendito Chiringuito

A unidade e a pluralidade, tamén a transparencia e a horizontalidade, fan perigar o control do espazo privilexiado de moitos colocados. Chámalles José... Ou Ana, Toné, Eva, Olalla, Rubén... E antes que siga Feixoo que perder o control do chiringuito!

3 José

Nada máis hai unha cousa pior que os chiringuitos da U, os do PP. A política galega é selvática e hoxe, villares, ferreiro e noriega están amortizados. X duro que pareza, só hai tres alternativas, para quen queira ir votar..