O galeguismo está orfo

A convocatoria electoral do 5-A colleu a algunhas forzas políticas galegas a contrapé pois aínda andan a mirar como e con quen cocurriran a istes comicios. Polo tanto os electores, de momento, teñen diante sí case as mesmas opcións que en convocatorias anteriores.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/02/2020

Comparte esta noticia
En primeiro lugar estarán os populares cun Feijoo que di querer camiñar sen ataduras e por libre, incluso do seu partido. Veremos se é certo e comenza o camiño actuando  como un verdadeiro representante e presidente desta terra, ainda que iso lle custe enfrontarse a súa propia organización. 
 
E, fronte as súas propostas,  terá ós socialdemocratas dos Psoe. E nese mesmo eido estarán os de Podemos e pouco máis que contar.
 
Pola banda galega aparece o Bloque e o grupo resultante entre Anova e Mareas, formacións que ate agora nunca tiveron como opción abranguer un espazo electoral amplo  que lles permita ser opción de goberno. E ao seu carón está  CxG que, a  día de hoxe, por non ter un lider carismático e tampouco  a forza pra   ocupar un espazo electoral que sigue a estar valeiro,  non conta pra ninguén.
 
Ou sexa: se nos atemos á historia de cada grupo e a súa forma de actuar nesta terra; terra  pouco dada ós radicalismos.  O nacionalismo autodeterminista conformarase con ser muleta do PSOE e, no mellor dos casos, se chegan os escanos, axudar a conformar unha nova maioría. Polo que, nesta  terra, falta unha forza política que, fuxindo dese nacionalismo que se conforma coa utopia e  vive comodamente sen aspirar a ser goberno, encandile a milleiros de galegos que son galeguistas  pero non nacionalistas,  e que son a clave pra que gobernen sempre os populares. 
 
Ben sei que houbo intentos fallidos de camiñar cara  un PNV á  galega. Si, unha forza política que teña un pragmatismo que lle permita entrar na masa votante do PP,  agrandar o autogoberno e defender cuestións que son vitais para esta terra. Dixen houbo intentos, e lembro a Coalición Galega, máis os seus dirixentes vendéronse ó poder por manter unha parceliña  do dominio provincial. Por iso,  nesta terra tan dada a soster  un caciquismo endémico,  cada día que pasa é máis dificil rachar cunha realidade que nos afoga.
 
Con todo, a falta duns días pra que se peche o tempo das coaliccións, o panorama galego é o que é. E, de non mediar un miragre,  camiñamos cara unhas eleccións nas que se presentan tres incognitas. A saber: a primeira é se o PP quita a maioría absoluta ou precisa axudas doutros grupos. A segunda está en saber se a extrema dereita entra en San Caetano pra traballar pola merma pra desfacer a  nosa autonomía. E a terceira en coñecer se o BNG acada uns resultados mellores cós que hoxe ten. Cuestión que parece sinxela, pero que parece  estar moi lonxe  dos resultados que tivo cando participou do goberno  bipartito. 
 
En fin, sabedores de que o galeguismo sigue sen voz, e parte del está na man dos populares por non ter un competidor serio, preparémonos pra unha campaña que pode deparar poucas  sorpresas. E aínda que  ó final son os electores os que marcarán o camiño que seguirá esta terra,  por primeira vez,  temos novos pescadores de votos que odian as autonomías. E iso arrepía un chisco e é unha ameaza pra o noso cativo autogoberno.

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com