Á caza do político

Nos tempos de crise, cando as cousas camiñan mal e cando a incerteza non deixa ver o camiño para saír do burato, a sociedade, como si se tratará dun exercicio de autodefensa, necesita buscar chivos expiatorios para desafogar. Necesita buscar culpables para facer a súa catarse e liberarse descargando noutros o cabreo polo perxuizos que soporta.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 14/10/2012

Comparte esta noticia
Non cabe dúbida de que a sociedade actual é sumamente complexa, e a interpretación das causas da crise que sufrimos  hai que vela desde a perspectiva  da globalidade mundial e sobre todo  europea,  para ir descendendo ás particularidades de cada estado e comunidade política. Pois, si así non se fai, e so vemos a mesma desde a óptica da nosa realidade máis inmediata,  comunidade ou concello, pouco entenderemos da situación actual.
 
Por iso, na busca  de culpables todo se esaxera e nace o populismo como elemento que proporciona solucións drásticas que parecen boas, pero que ó final non son máis ca disparates que nos levan a xustificar a chegada dalgún mesías salvador. Son  dos que opino que, nestes tempos, a mellor solución é a do consenso político. Claro que, para acadar tal obxectivo, hai que chegar a acordos e ceder nos postulados ideolóxicos e programáticos. E a dereita non está pola labor, pois aproveitou a crise para chegar ao poder prometendo o que non podía cumprir. Non está pola labor do acordo, como o ven demostrando  sobradamente na educación, onde plantexa unha reforma clasista  e mesmo ideolóxica.  Pois,  o goberno ve todo dende a óptica do liberalismo sen límites nin barreiras. Lembremos o que dicia: o mercado regulao todo. E iso lévanos a unha sociedade moi inxusta con fracturas sociais que serán moi complicadas de curar.
Hai uns días chamáronme   a atención as declaración de Mariano Rajoy referíndose a maioría silenciosa que non se manifesta na rúa; a que sen estar dacordo cala e aguanta os recortes sen   sair á berrar.  Evidentemente lembrei as verbas  de Arias Navarro último presidente do goberno de Franco que tamén dicía algo semellante, cando berrábamos  pedíndo democracia e liberdade.
Por iso, nestes tempos  de ocurrencias  como a  da Señora Cospedal, que optou por deixar sen salario aos deputados da súa comunidade, decisión  que relegada o acceso á política as  xentes menos adiñeiradas, non son máis que medidas populistas. Pois, todo o mundo sabe que, polo soldo dos deputados, non veu a crise. Pero estes despropósitos non se dan soio no eido da política, tamén se dan no campo da xustiza. Desta maneira   a actuación de algúns  fiscais está encamiñada a perseguir, no  seu afán xusticieiro e ideolóxico,  con moi  febles indícios,  a políticos pois a día de hoxe eles  son os culpables de todo, e nunha gran parte sí, pero coidado con buscar chivos, pois en todos os colectivos hai xente ruín pero tamén a hai boa. E xeneralizar e sumamente perigoso. 
 
E como no circo informativo o éxito radica,  nalgúns medios, nos  titulares de prensa,  pois o que vende e  o morbo  e a esaxeración permanente, como sociedade camiñamos  por carreiros perigosos. Polo que,  créase un ambiente de que todo o que fai o político é delictivo, e aínda que existan casos, non se pode cair na tentación de criminalizar a todos os que traballan polo común. 
Como dixen, vivimos tempos convulsos e cheos de incerteza que veñen marcados pola crise económica  mundial, e en particular á europea,  que a todos nos afectan. E nesta situación parece que, a caza do político como chivo expiatorio culpable  de todos os males, é un obxectivo inmediato. Claro, sin decatarnos que, as sociedades no existen sen gobernantes e sin xente adicada a noble tarefa de administrar o común.  Por iso, criminalizar a política e a todos as persoas que se adican á mesma dende o militante de base ata o dirixente con máis poder, é un erro sumamente perigoso para o futuro desta nosa sociedade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com