Eu levo os pantalóns!

Moito choveu dende que a principios dos setenta do século pasado chegou a minisaia importada do resto de Europa.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/03/2020

Comparte esta noticia
Igualmente, alomenos fora da cidade onde os cambios sempre  chegan máis tarde,  empezaban as mulleres a levar pantalóns, moda que trouxo moitas discusión en non poucas familias. Pois os mais maiores afirmaban que os pantalóns nesa casa levávaos o home. O réxime franquista estaba chegando o seu fin e a sociedade evolucionaba deixando atrás as ríxidas normas que tiñan ás mulleres pouco menos que amordazadas.
 
Moito cambiaron as cousas dende ises anos; moitos foron os perxuizos que pasaron ó recordo. E dende esas datas as mulleres foron conquistando un espazo merecido que veu coa súa incorporación á vida laboral e outros dereitos.
 
A día de hoxe, a sociedade mudou e fixoo dándolle a muller un espazo merecido. Agora, quedan ainda moitas leiras sen conquistar. Quedan moitas loitas que lidiar. Pero o  máis importante, aínda sigue  estando un tanto escuro. Ise é o do respecto e o dereito a  non ser tomada unicamente como un obxecto de desexo carnal.
 
Con todo, e aínda que hai forzas reaccionarias que queren recuperar normar daquil pasado, a valía das mulleres grañara paso a paso espazos de libertade. E aquiles tempos escuros soamente quedarán na lembranza dos nostálxicos que aínda soñan con voltar ós días en branco e negro daquela sociedade asfixiante das libertades.
 

Os Redeiros de Vigo, vestidos coas cores do feminismo na xornada de folga do 8 de marzo, Día da Muller
Os Redeiros de Vigo, vestidos coas cores do feminismo na xornada de folga do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com