Tu flipas nena!!!

Nestes días de confinamento forzoso parce un tempo acaído pra reflexionar sobor deses asuntos que temos máis perto como é o tema da política municipal e deixar o monotema do Coronavirus para os entendidos, pois a nós tócanos seguir as normas ditadas e pouco máis.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 24/03/2020

Comparte esta noticia

A linguaxe tabernaria estase a impor no noso concello. Para milleiros de ourensás non é algo novo, pois o principal mentor, cando era oposición, xa facía uso desta verborrea descarnada e chocalleira que non é máis ca un indicativo da mala educación, do non saber estar e, das carencias que ten o primeiro edil desta cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pousa coa figura do Neno Jesús recuperada nunha imaxe colgada por Democracia Ourensá no seu perfil de Twitter. DEMOCRACIA OURENSÁ
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pousa coa figura do Neno Jesús recuperada nunha imaxe colgada por Democracia Ourensá no seu perfil de Twitter. DEMOCRACIA OURENSÁ

E diante iste panorama que afea e devalúa a institución; diante unhas sesións plenarias  onde o   solista  actúa como se fose un neno que  xoga cun mecano  manipulándoo ó seu capricho,   ó silencio e a complicidade dos que o amparan  tragando sapos amargos día a día, é un feito que indica o que hai que engulir o amargo para seguir mantendo o poder provincial.  O circo, do que somos  testigos, convirte ós  complices da destrucción e menosprezo dunha institución como é o Concello,  en resposabeis directos. Claro que,  en privado láianse das veleidades do persoeiro en cuestión mais, sentados no escano, votan e amparan a un persoaxe tabernario e ridiculo.
A situación de debilidade pola que pasa un goberno que ten maioría absoluta, soamente é comparabel con aquelo de terse que aturar polo menos ate que pasen as eleccións á Xunta que se adiarán un tempo. Logo xa veremos o que pòde acontecer.

Non sei se os ourensás lembran que moitas destas forzas alcumadas como independentes, forzas  que  chegaron á política supostamente pra rexenerala,  alomenos  é o que dicían, son partidos onde non  se discute nin se  evalúan as decicións de maneira democrática.
O certo é que un grupo de persoas, vendo a oportunidade de chegar á ter espazos de poder, alentaron o ínclito e, atravérso dun medio televisivo convenceron a moitos ourensás de iban arranxar os problemas e así chegaron á alcaldía. Non foron a lista máis votada  pero coa axuda dos populares mandán nesta  vella Auria.

Por iso, son moitas as preguntas que asaltan á cidadanía. A primeira:  isto acontecería nun partido político dos tradicionais onde existen unhas estructuras que alomenos permiten a discusión dos puntos do programa e a elección das presoas pra levalos a cabo? Penso que non. Os partidos políticos teñen moitos defectos, mais, os que son organizacións serias,  distínguense ben dos proxectos unipersoais, pois dentro deles hai xente cabal e comités que frean os desvarios dalgún candidato.  A segunda, e podo dicilo con toda rotundidade  pois vivina, refírese a que, cando nun partido un persoeiro que foi electo fai  cousas que non estaban na liña e programa ou desbarra como é o caso, os órganos xuntanse e forzan a súa dimisión. Logo pasa o seguinte a ocupar o posto e o desfenestrado vaise pra casa.

Hai uns días unha persoa viculada ó grupo en cuestión, laiabase do que estaba acontecendo e confirmábame  que nesa organización non hai nin partido e menos estructura partidaria, polo que todos os que están nas institucións estan sometidos ó capricho e mandato do lider.
Pois ben, diante esta situación, de non mediar un miragre,  teremos tres anos máis  que aturar un circo mediático onde se contesta á oposición con verbas despectivas. Tu flipas nena!  Isto foi o  que lle espetou a unha concelleira. Ou,  váianse pois así acabaremos antes o pleno  e  a saída será moito máis mediática, ou a comparación do primate. Argumentos de bar de tapas. Iso é o que contesta quen dirixe o concello. E diante ise circo que bule por todas as televisións e redes sociais  do Estado pra facer mofa do que non debe ser,  sae un concelleiro a defender o idefendibel. Menudo papelazo teñen que facer algúns pra apoiar a  quen se perde pola boca dicindo improperios e conta falsedades. Pero isto é a política nunha cidade onde todo morre e se deteriora dunha maneira alarmante.

En fin, o sunto da gobernabilidade en Ourense empeza a quentarse, primeiro coa demanda de conciliación que fixo a ex-concelleira Aurea Soto pedíndolle ó alcalde que se desculpe por mentir a sabendas que o facía sobor da súa persoa. E a segunda  é que xa empeza a ferver a paciencia de grupos de ourensás que vendo como se deteriora o bo nome da institución municipal pensan que hai que facer algo pra parar esta deriva. Estaremos atentos.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com