Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 01/05/2020
Tíñamos unha das mellores sanidades do mundo, estabamos no grupo dos paises mellor dotados e moitas cousas máis que non merece a pena mentar. Pero algo inesperado desbaratou todos os plans previstos e, como mínimo, obrigounos a aprazar moitas cousas para setembro, e xa veremos se pode ser nesas datas ou non. Con todo, si seguimos a fala popular, habería que dicir que; os homes poñen e Deus, ou a natureza, dispón. Mais neste momento, que cada quen pense o que lle pareza, e que o faga segundo a súa forma de ver os aconteceres. Pero o certo é que todos camiñamos pola vida un tanto desnortados, pois sabemos que estamos nas máns da ciencia e tamén do bo uso que dela se faga.
Mais, o que si é certo é que nunca noutra nos vimos. E, como en todas as partes do mundo, andamos uns e outros a dar paus de cego e sen ter claro como saíremos desta lea tan mortífera.
Segundo todo indica nas estadísticas que manexa o goberno imos a comezar a desescalda e esta será asimétrica. Pero a desconfianza camiñará rente a nós e, por moito que tentemos normalizar a vida diaria, xa non volverá a ser como antes da chegada do virus.
As festas, actos culturais, eventos deportivos, actos relixiosos, enterros, e un longo etc, terán que ter axustes para a súa realización. E unha lea de actividades que quedaron pospostas veremos se se poden facer ou si terán que ser suspendidas indefinidamente.
E no medio desta lea, buscando unha alternativa, a tecnoloxía abriu portas para paliar as carencias dalgunhas actividades como é o caso da música a traves das redes sociais. Pero non é o mesmo o virtual que o directo. O calor que transmite o directo, a socialización, e o contacto entre os humanos non o pode sustituir a técnica proxectada nun plasma.
Igual acontece co pedalear na bici estática ou camiñar nunha cinta. Todo iso non é comparabel con andar entre as ábores e sentir o cheiro das flores escoitando os cantos dós paxariños. Tampouco é o mesmo sentarse nun banco na Alameda ou no Posío a falar cos amigos, que estar horas e horas diante o plasma tragando imaxes ás veces enlatadas e pouco edificantes.
Os seres humanos somos fondamente sociais e precisamos a conversa, o exercició a interacción e iso a día de hoxe esta vetado.
O Covid 19 obriganos a tomar medidas que poden modificar fondamente a nosa forma de de estar e compartir. E iso marcará un antes e un despois desta pandemia. Polo que teremos que cambiar os nosos hábitos e costumes que practicamos dende sempre, e o reto non é pequeno.
En fin, esperemos que todos os actos aprazados se poidan realizar en futuras datas, e a normalidade volva ás nosas vidas, pois os desexos de recuperar o latexar economico, cultural e social é moi grande. Asi que, moito ánimo e adinte que desta sairemos.