Revisionismo histórico

Coñecer o noso pasado pra entender o presente é unha prenmisa que segue a cumplirse a día de hoxe. Máis esta verdade moitas veces é esquecida e, iso leva a que os humanos topemos coa mesma pedra ou que cometamos erros que son fonte de conflitos sociais malos de arranxar.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/06/2020

Comparte esta noticia
A historia dos imperios, estados e  nacións do mundo esta chea de feitos que, vistos moitos anos máis adiante,  consideánse  aberracións históricas. Pero a humanidade fíxose así. Os abusos e barbaridades que, a día de hoxe, non se poderían soportar, noutros tempos foron consideradas xestas  relixiosas, patrioticas e gloriosas.  
 
Mais, dende  que hai uns anos  chegaron  ó poder peroseiros moi conservadores e populistas que rezuman un tufo supremacista, estanse  a desencadear unha serie de protestas que, no caso dos EE.UU. poñen de novo  a discriminación social, a desigualdade e abusos sobre as xentes negra e tamén os latinos.  Istes abusos, sobor de todo policiais, están derivando en protestas e tamén desordes e derribo de estatuas de persoeiros que, nalgún momento a sociedade, ou o poder, considerou que foron   artífices de feitos históricos importantes; feitos que hoxe irían contra moitas leis e os dereitos humanos. O certo e que eses persoeiros, diante moita xente, hoxe  aparecen como culpabeis de moitos dos  males  que agora sofren os grupos sociais marxinados. Porei como  exemplo    a chamada colomización de América ou o comercio de escravos que foron levados en galeras ó chanado novo mundo.
 
Mais entendendo que na sociedade americana si existe un racismo encuberto, sobor de todo, sobre os afroamericanos, entrar a saco no eido revisionista da historia pode levarnos a un sesgo que hoxe dificilente se podería valorar con certa equidade. Pois, pra analisar o pasado, dende o presente, compre facelo co coñecemento histórico dese tempo, da maneira de pensar daqueles anos, e un longo etc. Debe quedar claro que de ningunha maneira se xustifican as barbaridades que se cometeron tanto na conquista de América como noutros fitos que institucións de todo tipo levaron a cabo. 
 
Mais,  vendo que hoxe son moitos os que din que hai que revisar a historia sobor daquela  conquista e colonización do chamado novo mundo, xurde unha pregunta. Por que nos paises que houbo conflictos catalogados como aberracións, e xenocidios e guerras no pasado,  como é o caso da segunda geurra mundial  e o nacismo, a día de hoxe non se plantexa un revisionismo? Pois a resposta podería ser:  porque rematado  o conflicto  dende o poder  e a escola fíxose unha explicación crítica e aceptouse e pediuse perdón polos erros cometidos.  E iso asumiuno a cidadanía. E, consecuentemente,  rehabilitouse, ainda que tardiamente,  ós que sofriron nas súas carnes as causas da inxustiza.
 
Isto pode levarnos ate o que foi  a guerra civil nosa. Pois  en España houbo unha transición; pero nela non se fixo un revisionismo crítico do que foi a ditadura e iso aínda supura  nun impotante  sector social.
 
En fin, si falamos de revisionismo histórico cómpre ser moi prudentes. Con todo, non iría mal que no caso do comercio de escravos, seres humanos  que foron roubados en Africa e tratados como bestas no  continente americano, o país das barras e estrelas entonara un mea culpa e comenzara unha nova xeira que rematara co racismo nunha sociedade que aspira a ser modelo mundial de integración social e progreso.
 
Coñecer o pasado histórico e recente axuda a entender o presente. E iso hai que facelo dende a escola. Mais,  no noso  Estado, aínda hai temas, como o da guerra civil,   que parece que están vetados nas aulas. E así pouco se pode avanzar.
 

Manifestación en contra do racismo en Vigo tras a morte de George Floyd
Manifestación en contra do racismo en Vigo tras a morte de George Floyd | Fonte: c Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com