Causa Galiza pide o voto polo BNG

Critica o apoio que Feijóo ten de medios de comunicación como La Voz ou o Grupo Prisa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2020 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A plataforma independentista Causa Galica apoia ao BNG nas eleccións galegas do 12 de xullo ante a “impossibilidade de articular neste momento umha proposta independentista para a luita eleitoral”. 

Protesta de Causa Galicia no Obradoiro
Protesta de Causa Galicia no Obradoiro | Fonte: Causa Galiza

 

Así, xustifica esta decisión na necesidade de derrotar a Feijóo xa que a súa continuidade, di, “é o pior cenário imaginável para a Galiza e para o desenvolvimento do processo nacional. Neste sentido, suliña que o líder do PPdeG é “a aposta do Estado” nos comicios do 12X porque ten o apoio de “importantes interesses empresariais ligados à espoliaçom colonial, grupos de comunicaçom como Grupo Voz e Prisa, Felipe VI, o fascismo explícito que aspira a co-gerir a CAG com o PP”.

 

De feito, Causa Galiza, que é consciente de que un cambio de goberno en Galicia pasaría por un tripartito, pero xustifica que iso sería mellor que un goberno de Feijóo “polo forte peso nacionalista” desa cualición. “Expulsar Feijóo torna-se, pois, um repto coletivo do País para superar o longo ciclo neofranquista autonómico”, engade.

 

Nun comunicado, Causa Galiza insiste na necesidade de votar ao BNG para rematar coa “asfixiante rede mafiosa que o PP assentou na Junta durante mais de 40 anos de regime autonómico, com graves consequências socioeconómicas e identitárias” que di, “arrastam historicamente amplos setores nacionalistas sobre tática, estratégia e políticas de alianças”, en alusión a Anova, integrado en Galicia en Común xunto a Podemos, EU e algunhas mareas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Non sei coma non se decatarán non xa do delirio ideolóxico dalgúns plantexamentos ( eso do fascismo explícito ven ser que case todo o que non sexa eles é fascismo, coma se hoxe vivisemos nos anos 30) senón de que o lusismo produce ou indiferencia ou rexeitamento. Non é o " ineludible futuro" do galego senón una postura sectaria e morta.

1 anonimo

Porque , claro, se nos presentamos nos sos, nos votan catro gatos.