Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 10:09
O incendio forestal declarado este luns na parroquia de Suevos no municipio coruñés de Arteixo permanece controlado desde a noite da mesma xornada tras queimar un nove hectáreas.
Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, ás 23,50 horas este lume quedou controlado tras queimar unha superficie aproximada de nove hectáreas.
As estimacións apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan en oito as hectáreas de monte raso afectadas e nunha hectárea a superficie arboredo arrasado.
Para as tarefas de control e extinción deste lume foron mobilizados nove axentes, 15 brigadas, nove motobombas, unha pa, catro helicóptero e un avión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.