Primeiras consecuencias do desastre de Galicia en Común: Martiño Noriega abandona a política institucional

O exalcalde Martiño Noriega deixa a súa acta no Concello de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O exalcalde santiagués Martiño Noriega abandona a súa acta de concelleira no Concello de Santiago, onde exerce como portavoz de Compostela Aberta desde hai un ano tras a perda do goberno da capital galega nas eleccións municipais de maio de 2019. Faino dous días despois do desastre de Galicia en Común-Anova-Mareas, que non conseguiu ningún parlamentario nas eleccións do 12X, uns comicios nos que o propio Martiño ía de número tres na lista da Coruña.

A decisión, avanzada pola Cadea Ser e confirmada a Europa Press por fontes de Compostela Aberta, será feita pública este martes nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi na que Noriega estará acompañado polo concelleiro Rafael Pena, que tamén abandona a súa acta como edil.

Con todo, o tamén exrexidor de Teo xa anunciara a súa intención de abandonar as súas responsabilidades municipais a finais do pasado ano, aínda que prolongou a súa estancia no concello ata este verán, unha responsabilidade que, desde a crise do Covid-19, compaxina co seu traballo como médico en atención primaria.

Noriega iniciou a súa carreira no BNG, formación pola que foi electo en 2007 e 2011 como alcalde de Teo. Abandonou o Bloque en 2012 para, seguindo os pasos do seu mentor político Xosé Manuel Beiras, fundar Anova, organización na que ocupa cargos directivos.

En 2015 encabezou a candidatura muncipalista Compostela Aberta, que venceu nas eleccións locais e levantou a Noriega á Alcaldía de Santiago, posto que abandonou na primavera de 2019 para ceder o bastón de mando ao socialista Xosé Sánchez Bugallo despois de que a marea perdese a metade dos apoios logrados catro anos atrás.

Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

11 galinauta

Co que custou crear unha casa común do nacionalismo, e por mor do ego de Beiras intentaron destruílo. Así lles foi. Pero xa sabemos que se culpa de todo teñenna os do "U'...

10 Caspita

Xa era hora, un coñazo falando e un mal xestor

9 traviesatragona

O día que vos deixedes de merdas partidistas e poñades Galiza über alles, teremos algunha posibilidade.

1 PP per saecula saeculorum

Tes toda a razón. Cando deixemos de aledarnos das desgrazas dos políticos de esquerdas do noso país (teñamoslle ou non simpatía), algo comezará a trocar. Mentras tanto, seguirá arrasando o PP, e nós sorrindo por falsas vitorias. Xa que esa é a realidade, 4 anos máis do PP e xa van 38 de 43 na democracia. (O símil futbolístico e iso tan penoso dos pailarocos localistas do Depor e do Celta que celebran as derrotas doutro equipo).

8 El Ciz

Morre a alternativa fabricada polo poder. Oportunista este Noriega

7 Ricardo R.

Mis respetos. Fracasa su partido y vuelve a su trabajo de médico. Algo que no puede decir ni hará jamás Pontona, a pesar de que aseguraba a todas horas que iba a ser la primera mujer presidenta de Galicia, nacionalista, feminista y del BNG. Fracasó, pero ahí sigue, y seguirá chupando del bote público. La pobre no tiene otra profesión.

1 Cheira te pega

Acouga ho amigo xeirento que la Pontona vai seguir traballando de deputada mentres llo sigan encargando os seus votantes, ou de presidenta se queremos. Este ídolo teu renuncia a un escano que non conseguiu, que heroe. Vós seguiredes sumidos na máis absoluta irrelevancia

2 Sentidiño

Para unha licenciada en Políticas non é mal choio: traballa no que estudou. Feixó estudou Dereito pero non é avogado: pasou directamente a dirixir o Insalud, e despois Correos, pero sempre a dedo.

3 Cascarilleiro

Feijóo traballou de avogado en Ourense

4 Sentidiño

Non, Cascarilleiro. Entrou de interino na Xunta en 1985, menos dun ano despois de licenciarse. Traballou alí ata o 91, cando Romay lle deu o seu primeiro cargo a dedo. E foi de coche oficial en coche oficial ata hoxe (30 anos).

5 Ricardo R.

Sentidiño, se puede ser más pelota con la jefa? Ni en el PP de Baltar, Cuiña y Cacharro llegaban a tanto baboseo. Hay muchísimos más políticos licenciados en Derecho que en Políticas. Núñez Feijóo es un ganador de elecciones, mientras que tu jefa nunca ganó una elección en su vida ni tuvo ocupación alguna fuera de la política.

6 Amancio

Nuñez Feijoo tampouco, que os seus postos públicos non os tirou por oposición.

7 Cascarilleiro

Feijóo traballou de avogado en Ourense nun despacho de abogados antes de ir para o insalud. E por certo, estivo afiliado a ccoo

8 Casilda

Sentidiño, di que Ana "traballa no que estudou" de política profesional!!! Ana Pontón estudou para política emploleirada? Agora para exercer de política hai que cursar unha determinada carreira? E, claro, todos os licenciados en dereito son avogados? De verdade, Sentidiño, tanto peloteo a ama fixo que te abandonara o desodorante!

9 Sentidiño

Non respondo ataques persoais. En canto á biografía de Feixóo, ratifícome no dito. Só na súa época de interino na Xunta foi activista durante catro anos dun pseudosindicato, evidentemente amarelo, chamado FICA (non era CCOO); isto do 88 ao 91, cando sacou a praza de funcionario e foi nomeado por Romay secretario xeral da Consellaría de Sanidade. Desde aquela pasaron trinta anos. Doutro lado, non teño nada contra os políticos profesionais: o PP está inzado de empresarios-políticos corruptos; pola contra, Olof Palme viviu da política toda a súa vida, mais era decente.