Primeiras consecuencias do desastre de Galicia en Común: Martiño Noriega abandona a política institucional

O exalcalde Martiño Noriega deixa a súa acta no Concello de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O exalcalde santiagués Martiño Noriega abandona a súa acta de concelleira no Concello de Santiago, onde exerce como portavoz de Compostela Aberta desde hai un ano tras a perda do goberno da capital galega nas eleccións municipais de maio de 2019. Faino dous días despois do desastre de Galicia en Común-Anova-Mareas, que non conseguiu ningún parlamentario nas eleccións do 12X, uns comicios nos que o propio Martiño ía de número tres na lista da Coruña.

A decisión, avanzada pola Cadea Ser e confirmada a Europa Press por fontes de Compostela Aberta, será feita pública este martes nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi na que Noriega estará acompañado polo concelleiro Rafael Pena, que tamén abandona a súa acta como edil.

Con todo, o tamén exrexidor de Teo xa anunciara a súa intención de abandonar as súas responsabilidades municipais a finais do pasado ano, aínda que prolongou a súa estancia no concello ata este verán, unha responsabilidade que, desde a crise do Covid-19, compaxina co seu traballo como médico en atención primaria.

Noriega iniciou a súa carreira no BNG, formación pola que foi electo en 2007 e 2011 como alcalde de Teo. Abandonou o Bloque en 2012 para, seguindo os pasos do seu mentor político Xosé Manuel Beiras, fundar Anova, organización na que ocupa cargos directivos.

En 2015 encabezou a candidatura muncipalista Compostela Aberta, que venceu nas eleccións locais e levantou a Noriega á Alcaldía de Santiago, posto que abandonou na primavera de 2019 para ceder o bastón de mando ao socialista Xosé Sánchez Bugallo despois de que a marea perdese a metade dos apoios logrados catro anos atrás.

Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

6 Cruceiro de Ramírez

Un admirador máis das políticas do BNG de Pontevedra. Esas polas que todos os seus servizos están privatizados e nas mans de grandes empresas. Traicionou desde o primeiro día aos compañeiros de Marea Pontevedra e negoulles o pan e o sal.

5 Pucha tapacalvas

Si que o ten que ver mal para que entregue a acta este si...

4 Regalos de Tres Estalos

Oh, Martiño! De esperanzador golfiño para un novo tempo no nacionalismo, pasou a nefasto gobernante (a ineficacia personificada que fixo recuncar a un 'socio-listo' pateta, coa impagable axuda do revanchismo do BNG e dos medios subvencionados polo PP), rematando como un vendido entreguista ao españolismo. As veces as estrelas prefabricadas non son outra cousa que foguetes de feira. Por certo, sabedes se o vello Beiras tamén dimitiu e deixou de intrigar e pediu disculpas polo 'atraso político de Galiza' por el protagonizado primeiro e codirixido desde a sucursal madrileña do pazo despois? Que o PCE lles pague a ambos polos servizos predtados cun monumento ao colonizado servil, inaugurado por Yolanda e que veña cortar a cinta Pablo Iglesias!

1 Catro estalos

E ti a aplaudir, porque ti es dos que aplauden. De fronte aplaudes, outra cousa e polas costas...país

3 Artura

A saída de Martiño deixa Compostela Aberta nas mans da filla de Novoneyra... pavor!

1 ArturO

"A filla de...", a muller de..." a irmá de...", se fose un home habería ter nome e apelidos. Canto machismo queda neste mundo progre. Cousa rancia... pavor total!

2 Artura

Oh, desculpas... quedoume machista, caro? Rectifico, entón: nas mans de Branca Novo Rei, que se fai chamar Branca Novoneyra por si non queda claro de quen é filla...

3 Rosae

Para machismo e viejuno o de "desculpas, quedoume machista caro?". Buff, tufa a pretérito.

2 Ces

Síntoo moito por Martiño, unha das persoas máis dignas e consecuentes que coñecín na vida política. Oxalá algún colaborador moi próximo, que o axudou a afundirse, tomara nota e deixase tamén a política "activa".

1 A dignidade calva

Por que dis que é digno, no escapara unha vez cunha acta doutra forza política despois de asinar por escrito que non o faría?