Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 11:38
O colectivo 'Galicia, Mellor Sen Touradas' solicitou a Fiscalía que investigue a protesta dun grupo de taurinos contra a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, o pasado venres en Toledo por un posible delito de odio.
Nun comunicado emitido este luns, este colectivo sinala que "é dificilmente entendible o dereito de reunión das persoas traballadores e a protesta social coas vexacións vertidas" contra a ministra, que recibiu insultos como "roja de mierda" ou "cerda" á súa saída dun acto na cidade toledana.
Lembran que existe un vídeo no que "se pode comprobar" que o coche oficial no que viaxaba Díaz foi golpeado e rexistrou danos materiais, á vez que afirman que a convocatoria dos traballadores do mundo do touro "nin tan sequera sería comunicada" ás autoridades e nela producíronse "graves insultos" e proclamas como "imos morrer matando".
Así as cousas, 'Galicia, Mellor Sen Touradas' considera que na protesta houbo "unha clara intencionalidade" por acosar á ministra "con ferramentas nada pacíficas", o que "demostra un escaso respecto polo o sistema democrático e o cumprimento da normativa".
Ademais, o colectivo antitaurino afirma que "o acoso estivo esporeado" polo sindicato Unión de Picadores e Banderilleros, polo que pide ao Ministerio Público que investigue a súa "posible suspensión"por "asociación ilícita", xa que entenden que "puido incorrer no fomento de accións ilegais, como o ataque á representante do goberno central".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.