O BNG esixe que o Goberno aporte unha "solución" ás pensións dos mariñeiros galegos que traballaron en Noruega

O Bloque rexistrou no Congreso unha iniciativa para instar o Goberno español a retomar as relacións con Noruega e pór solución a esta circunstancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O BNG instou ao Goberno español a "retomar as relacións diplomáticas" con Noruega para "dar solución" á "inxusta e dramática situación en que se atopan" os mariñeiros que traballaron naquel país e que "non perciben ningún tipo de pensión" do sistema social noruegués.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, se reunión a pasada semana coa asociación que representa os intereses destes mariñeiros, Long Hope, para coñecer a situación pola que están a pasar eles e as súas familias.

Por mor deste encontro, Néstor Rego rexistrou no Congreso unha iniciativa para instar o Goberno español a retomar as relacións con Noruega e pór solución a esta circunstancia.

Rego criticou que, desde a súa constitución formal, o Executivo non mantivo ningún encontro con Long Hope para "dar conta das actuacións diplomáticas con Noruega" e "tentar resolver extraxudicialmente as graves consecuencias derivadas da falta de protección daquelas persoas que sufriron unha exclusión do sistema de seguridade social deste país".

Así mesmo, o deputado nacionalista requiriu á Ministra de Exteriores que aproveite a sesión de Delegadas e Delegados de Ministras e Ministros do Consello de Europa, que se vai a celebrar este martes e mércores, para reunirse co seu homólogo noruegués e buscar "unha solución á inxustiza social que comete Noruega cos mariñeiros galegos".

Marineros gallegos de la plataforma Long Hope  en Santiago
Marineros gallegos de la plataforma Long Hope en Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta