O asunto é que a frase non ten desperdicio, pois sinala claramente que, a día de hoxe, o que acontece na corporación local ten unha grande semellanza a dun espectáculo circense un tanto chocalleiro que nos leva visualizar unha representación do esperpento Valleinclanesco. Con todo, o máis tristeiro desta cuestión é que, quen dixo esta frase pertenceu ó grupo de goberno e, polo tanto, ó partido que pactou hai un ano e pico con Jácome. E, a día de hoxe, por vontade dos cidadáns, é o grupo que ten nas súas máns desbancar ó alcalde da poltrona municipal.
Os ourensás vivimos dende hai un tempo un desacougo e un despretíxio da vida politica do concello. Pois a día de hoxe hai grupos que, por mor de non perder parte do poder, prefiren que o circo se manteña no tempo, aínda que sexa a custo do debilitamento da isntitución e da inexistencia de goberno.
O triunvirato que se atrincherou no poder soamente pensa no seu salario e vive aferrado a poltrona camiñando con respiración asistida. Polo que hai que porlle solución a un grave porblema presentando unhas moción de censura coa suma dos votos da forza máis votada. Por eso, mentres os populares non asinen co grupo maioritario a mentada moción que poña na alacaldía á lista máis votada, seguiremos tendo circo ou comedia cos tres divos desafinando e enlamando o nome da cidade. Ben é verdade que parece que as conversas comezaron e hai que esperar pra ver en que rematan.
Ourense cidade e provincia camiñan neste mundo cara a desetización en todos os parámetros sociais. Na polítca a ética xa finou hai moito tempo. Así cidade e provincia camiñan cara o desprestíxio institucional e naide se dá por enterado. Todas as forzas vivas amosanse pasivas e viven no eterno silencio como si non existira o problema. Ou sexa: nin están nin se lles espera.
Benvido ó circo señor concelleiro. Benvido a ise espectáculo bufo onde xa non queda vergoña e os artistas soamente pensan en salvar o seu pelexo. E mentres, todos os ourensás, diante iste espectáculo, non pasamos da crítica na casa ou nalgún bar, e escoitamos esas voces rancias que din: Todos che son iguais, tratando de calmar o cabreo. Mais caendo na rateira de mesturar e enmerdar todo, cando sabemos que a culpa de ter que aturar esta situación é soamente dos populares, e por extensión da inxenuidade de moitos votantes. De pena.