A estas mulleres lideradas por Cristina Moreira, de ascendencia galega, recibiunas o nuncio apostólico, máxima autoridade despois do Papa no pais galo. segundo din, deulles algunhas esperanzas para acadar os seus obxectivos. Aínda que Elas saíron reclamando feitos concretos; pois entenden que, nas súas orixes, a Igrexa non vetou para os cargos ó sexo feminino. Esas trabas, así como outras, foron acordos posteriores.
O certo é que as mulleres no mundo occidental pisan forte e, sabedoras do seu valer e traballo a prol da relixión, reclaman un espazo no organigrama relixioso que ate o momento lles está vetado. Estas reivindicacións aparecen cando, a institución eclesiástica, na vella Europa, vive un tanto descolocada e superada por unha realidade social que camiña de présa, diante unha xerarquía moi reacia ós cambios.
Pois a igrexa sigue anclada en postulados e, sobor de todo, nunha linguaxe decimonónica que non conecta coa realidade social de hoxe. E iste feito obligaa, se quere dar contestación a moitos dos problemas espirituais e éticos da sociedade actual, a mover ficha e dar pasos adiante para vivir acorde cos tempos.
Primeiro foron os cregos casados; logo o tema do celibato obligatorio, etc. E, ainda que istes temas siguen sen arranxarse definitivamente, agora aparece o tema das mulleres. A institución relixiosa, a peasares dos grandes erros cometidos a traverso dos séculos, na sociedade actual desenvolve unha laboura social importante. E as mulleres son pezas fundamentais no mantemento das organizacións sociais e tamén dentro das parroquias. Do seu traballo dependen institucións e servizos. E sendo así, reclaman máis presenza nunha organización que lles limita o espazo adincándoas a labores moi secundarias.
Por outra parte, está a situción de envellecemento dos cregos e falta de vocacións, polo que a situación obriga á sobrecarga destes pra manter as parroquias, asunto que cada día é máis dificil. Digo o de manter parroquias, pois o enraizamento social e o manterse integrado na comunidade é un feito que xa escasea. Polo que, a día de hoxe, moitos cregos que levan parroquias pasan aser cregos de oficio, algo semellante a avogados de oficio, ou sexa que van alí, fan o oficio relixioso, mais non están integrados na realidade social desa comunidade polo que cada día son menos extrañados.
En fín, que as mulleres, sabedoras da súa valía, reclaman espazos de poder en todo o mundo e tamén nunha institución relixiosa, envellecida e moi reacia ós cambios. Polo que, os altos xerarcas, precisan mover ficha pra seguir mantendo, nun tempo no que a perda de valores espitituais é un feito. Neste senso, as mulleres francesas deron un paso, e veremos o que acontece no futuro.