Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 12:08
A Cámara de Comercio da Coruña celebrará o 27 e o 28 de outubro o VII edición de Exporpymes, un evento empresarial para promocionar produtos galegos no estranxeiro e que nesta ocasión será en formato virtual. Nesta nova edición, segundo informa, participarán importadores dos sectores de alimentación, bebidas, maquinaria e materiais de construción.
Son profesionais de catro continentes, e participarán por primeira vez importadores de Mauritania, Kenia, Canadá, O Salvador, Dinamarca, Suíza, Tunes e Xordania, entre outros. Pola súa banda, máis de 70 empresas exportadoras de Galicia confirmaron xa a súa participación.
Ademais de ter a oportunidade de manter reunións bilaterais en liña previamente concertadas, "os participantes poderán asistir a webinars nos que se profundará nas peculiaridades dos mercados de países estranxeiros como Estados Unidos ou Perú, entre outros".
Esta sétima edición de Exporpymes inclúe unha programación de relatorios sobre temas relacionados coa internacionalización "e ofrece un punto de encontro para resolver dúbidas sobre comercio exterior e sobre os mercados dos países participantes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.