E actúan seguindo o mandato do grupo como bos gregarios que son. Desa maneira; que hai que da caña pra afogar unha acusación que ten dificil argumentación, ou parar unha determinada proposta, poñemos á persoa que solte merda pola súa boca, dado que sabemos que xauría vai aplaudir a rabiar. E os fans, acríticos coma sempre, poran nas redes o de megusta e compartiran o vídeo moitas veces. Esta é unha das realidades que se palpa, a día de hoxe, nas estratéxias partidarias e que dende a oposición ó goberno actual se emprega a miudo.
Sempre se dixo, e aínda se repite con moita insistencia, que o Congreso é o lugar onde ten que reinar a palabra e o dialogo; onde contrapondo propostas e argumentos pra defender as ideas, fálase e discútese dentro dun orden e un respeto. Mais coa chegada ó mesmo dunha xeira de novos rapaces, chamémoslle lideres, o mentado lugar estase a converter nun galiñeiro ou unha canceira, onde moitos, non todos, os intervintes máis que falar insultan, agreden coas verbas e non lles interesan pra nada os argumentos.
Escoitei hai uns días unha intervención dunha deputada e quedei anonadado da súa capacidade teatreira así como da súa vehemencia á hora de falar. Nin un so argumento; nin unha soa verba de sosego. Todo falar atacando e facendo unha xesticulación propia dunha obra de teatro. O importante era destruír ó adversario, neste caso ó goberno. E ise discurso lembroume ós que facía hai un tempo quen hoxe é o alcalde de Ourense. Pois soamente tiña un obxectivo: defacer, insultar, maltratar ó gobernos e a institución e, como colofón, dar espectáculo barato. As consecuencias padécemolas e están á vista nesta cidade.
Dende hai un tempo, a política en case todas tas administracións e foros onde se fala, estase a sofrir un deterioso e unha baixada de nivel que arrepía. Xa non falo da indecencia que é empregar a pandemia que sofrimos como arma pra debilitar ó goberno. Non, pero onde faría falla unidade e deixar a leas partidarias aparcadas, trabállase pra airear as miserias da política. Ben sei que hai grupos no Congreso que non saben vivir sen estar no poder. Que pensan que o poder lles pentence e, cando o perden, rachan a baraxa. Ben sei que actúan como verdadeiros camicaces e fan algo semellante ó que pasou nesta cidade no mandato anterior.
En fin, esa maneira de actuar soamente trae o desprestíxio pra unha ionstitución e radicaliza á xente. Ah, e no tocante a ises depuatos e deputadas que se prestan a facer ises papeis de enzurradores co moito teatro, sinto verdadeira pena por eles. Pois no fondo, son xente servil; mellor gregarios que saben que si se moven non saen an foto. Polo tanto, non son sevidores dos cidadáns, son vividores da política que están moi lonxe dos problemas da xente e non valen pra outra cousa que non sexa ladrar.