A noite gánalle espazo ó día e todo parece máis escuro e incerto. Por iso, semella que o optimismo decae axudado pola pandemia que hoxe nos invade. Deste xeito todos os plans que se matiñan para o futuro máis inmediato están sometidos a unha continua provisionalidade. E a luz que sinale a fin do tunel non se alvisca.
Vivimos temos de incerteza e desasosego. Vivimos unhas datas nas que todo revirouse amosándonos a realidade, pois nin eramos tan fortes, nin tiñamos tantos recursos pra afrontar o que nos viña enriba. Mais a iso hai que sumarlle que estamos nunha sociedade onde todos podemos pensar e opinar o que nos peta. E iso permite a protesta dos que nunca están dacordo; dos que non colaboran; dos que aparecen como negacionistas que non ofertan nada máis que a barbarie e o desorden. E si esto ven alentado por grupos que difaman e difunden noticias e trolas que só axudan a aumentar a incerteza e o desorde social, o tema lévanos a matinar que poden voltar tempos escuros e irracionais onde as libertades estiveron sometidas ó capricho de sanguinarios caudillos.
Todos sabemos que hai sectores empresariais que o están a pasar moi mal. Sectores que, por mor de decisións do poder, non poden desenvolver o seu traballo por iso teñen dereito á protesta pacífica. Mais resulta moi negativo que grupos políticos, anden a aproveitarse do que é unha pandemia mundial pra sementar inquidias, desconfianzas e mentiras. E, o que é peor, pois fanno sen propor ningunha alternativa. Mais animan a manifestarse e indirectamente a alentar o desorde.
Nefasto traballo fan os que chaman a saír á rúa para pedir libertade. Como se neste país hobera censura e estiveramos nunha ditadura. Desfacer todo, cargarse o mobiliario urbano, rachar escaparates, asaltar comecios e apoiar algaradas sempre foi moi sinxelo, ao igual que iresposabel. Pouca luz teñen estes persoeiros e ningunha os seus seguidores. Pouca ou ningunha solidaridade teñen co resto da sociedade que sí garda as normas.
En fin, no tempo que merman os días e a noite gaña espazo, precisamos con urxencia ter sosego e afrontar unha situación que vai pra lonxe. E témolo que facer sen mentiras piadosas, e con propostas positivas que conxuguen manter a economía e a saúde; pero fuxindo desas minorias radicalizadas, que alentadas por grupos radicais, aproveitan todas as crises pra crear caos, sen ofertar ningunha solución á situación presente. Concluíndo: precísase unidade política e social e luz pra sair da escuridade na que hoxe nos atopamos.