Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 21:45
Pende a polémica sobre Estrella Galicia logo de que un tuiteiro compartira unha imaxe na que se aprecia unha campaña publicitaria que o autor sitúa en Barcelona. O motivo da lea é que a comunicación comercial da empresa con sede en Galicia está en catalán, mentres que a publicidade da marca na súa terra natal non emprega en absoluto a lingua galega. A cuestión vén de xerar críticas fronte ás cales a marca aínda non se pronunciou.
Publicidade de @estrellagalicia en Barcelona. Por suposto, todo en catalán.
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) November 13, 2020
E para cando todo en galego na nosa terra? 🙄🙄
*Imaxe que nos envía Ørlando Gårciå pic.twitter.com/A75meJiwjc
Sabedes por que? Por que aquí a Generalitat deixa as cousas claras, pra facer negocios aquí en Catalunya en catalán e se non a cagar de campo, é a xunta prefire o castelán.
— Xurxo Guerra 🛰🇮🇪 (@xurxogpe) November 13, 2020
Todo, todo, non... unha parte está en inglés xDD
— Uxío "blacksoulska" Feixó Seara ||*|| (@Durruti_K) November 13, 2020
Máis que Galician , “la pelirroja” ( a rubia do país) é unha Catalonian Irish Red ...🤷🏻♂️🤷🏻♂️🤷🏻♂️ @estrellagalicia xa vos vale..😤😤 pic.twitter.com/yw1M5344Mr
— O Vinculeiro🛰 (@VinculeiroO) November 13, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.