O asunto non é novo, pois xa van varios intentos de consolidar unha formación galeguista que, dalgunha maneira, sexa a continuidade do vello Partido de Castelao e Boveda; unha forza integradora que aspire, dende un punto de vista pramático e realista, a canalizar un galeguismo que, sen ser arredista, dogmático e excluínte, hoxe vive descafeinado dentro de forzas estatais e que, deste xeito, poida xogar nun eido, ou mellor ser unha oferta que chegue a un sector social moi amplo, ao que o Bng non é capaz de engaiolar.
Son moitas as voces que din que, nesta terra, precísase unha formación partidaria que, fuxindo de ideoloxias superadas polo tempo e alleas á nosa forma de vida siguen latexando na politica dos nacionalistas galegos. Ideoloxías que levan a cerramentos ideolóxicos ou que aspiran a utopías que a maioría dos galegos non siguen nin entenden, e vexan iste proxecto como algo ilusionante. Unha formación que non pacte con compañeiros de viaxe que logo déixannos de lado, mellor tirados, diante as necesidades reais desta terra, como ultimamente aconteceu nos presupostos do Estado. Unha formación política que traballe con pracmatismo e canalice ise galeguismo que aspira a afrontar os graves problemas que temos como nacionalidade histórica.
Vivimos tempos nos que todo camiña a velocidade de vértigo; tempos nos que si perdes o paso dos acontecementos, quedas postergado pra moitos anos. E en Galicia, e sobor de todo na iterior, hai problemas crónicos que levan anos esperando unha solución; problemas que se sintetizan na morte do sector primario, nos incendios que ano tras ano arrasan os montes, no envellecemento da poboación, na emigración dos nosos mozos e mozas e no despoboamento do mundo rural. A nosa provincia pode ser un bo exemplo a ter en conta. Unha provincia que morre día a día e que parece que ninguen dos que mandan o que ver e menos atallar.
Na mente de moitos galegos vive o recordo do que foi Coalición Galega. Galeguismo pracmático que no seu día tiña a chave do goberno en San Caetano. E que coa morte de Franqueira quedou só nunhas siglas testimoniais.
Veremos en que dá iste novo intento de crear esa forza política que xa tarda en coallar en Galicia. Pois mentres unhas forzas camiñan cara a desaparición outras nacen. O primeiro paso xa está dado para Partido Galego PG. Logo viran as municipais e ise será o momento clave para a súa implantación. En fin, co desexo de que teñan sorte nesta nova andaina, esperemos acontecementos.