Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2021 | Actualizada ás 21:45
A terceira onda entro xa de cheo en Galicia, e xa non só en número de casos de contaxiados, senón en número de falecidos, con cifras que lembran as peores rexistradas no país pola Covid. E, nesta nova onda a provincia máis afectada é a Coruña que rexistra 17 falecidos. En total, a cifra de falecidos en toda Galicia nos últimos días foi de 24, deles 11 procedentes de residencias.
A Consellería de Sanidade, incorporou neste reconto a vítimas que faleceron en distintos días, desde o pasado 14 de xaneiro ata este mesmo luns, 18 de xaneiro, a pesar de que diariamente aporta información ao respecto. Precisamente, este domingo eran nove os falecidos reportados. Así, a peor provincia é a da Coruña e, especialmente, as cidades da Coruña e Ferrol. Na primeira delas morreron cinco persoas. Trátase dunha muller de 92 anos no CHUAC o día 18, un home de 86 anos no CHUAC día 16, outro de 87 anos no CHUAC o día 17, unha muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet o día 17 e un home de 81 anos na mesma residencia o día 18.
Na área sanitaria de Ferrol son catro os falecidos, un home de 79 anos o día 17, outro de 88 anos o día 15, unha muller de 84 anos o día 18 e outra de 91 anos o día 17. Todos eles no CHUF. Pola súa banda, no CHUS de Santiago morreu un home de 87 anos o día 18, outro de 61 o día 17 e unha muller de 74 anos tamén ese mesmo día.
Ademais, na provincia coruñesa rexistraronse outros catro falecementos en residencias. Un home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira o día 17 e outro de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia de maiores de Ribeira. Tamén morreu unha muller de 90 anos na residencia DomusVI de Vimianzo o día 17 e outra de 94 anos na mesma residencia o día 16.
Na área sanitaria de Vigo os falecidos foron catro. Trátase dun home de 82 anos que morreu o día 17 no CHUVI. Tamén no hospital vigués morreu un home de 66 anos o día 17 que procedía da residencia Paz e Ben de Tui. Tamén faleceu un home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo o día 15 e unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo o día 14. Procedía da residencia Moledo de Vigo.
A xornada deste luns, 18 de xaneiro, taménd eixa dous falecidos de Lugo. Trátase dun home de 87 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia San Bartolomeu de Xove e unha muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove o día 15.
Finalmente, tamén se rexistrou a morte dunha muller de 57 anos o día 18 no CHOP de Pontevedra e unha muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín o día 17. Todos os falecidos, agás a muller de 57 anos, tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.