Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2021 | Actualizada ás 22:00
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños é unha ONG galega que, dende o 1999, é a encargada da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especies, da recuperación de animais feridos e do estudo poboacional, grazas a convencios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
Ademais, a través da investigación, dedícase ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. Tamén participa na redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas para a administración autonómica e estatal.
RISCO DAS ESPECIES MARIÑAS
O biólogo Alfredo López, en declaracións a Galicia Confidencial, explica que o labor máis relevante da CEMMA é a procura e atención das diferentes especies mariñas que podemos atopar nas costas galegas, facendo fincapé na toniña, que é a especie que está "nunha situación de maior risco" debido as actividades humanas, "como a captura accidental en zonas pesqueiras", sostén.
No grande labor da CEMMA, ademais de biólogos e investigadores, é moi importante a participación dos voluntarios que colaboran nos proxectos de atención á diversidade mariña. Por isto, a CEMMA chama á sociedade a que contribúa na medida do posible á conservación das especies que conviven con nós nas nosas costas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.