GC Aberto

A sucesora

Tras a publicitada fama de boa xestora, coa que de forma inmerecida se prima á Ministra de Traballo, está a desfeita de Galicia en Común nos últimos comicios que ela debera asumir como propia,, e deixar así de alimentar a elucubración mediática que a sitúa como sucesora de Iglesias á fronte de Podemos.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 13/03/2021

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. MINISTERIO DE TRABALLO
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. MINISTERIO DE TRABALLO
A relación política de Yolanda Díaz  con Pablo  Iglesias  é anterior  a que este constituíra Podemos como formación política para “asaltar os ceos”,  tendo en conta que  no ano 2012 cando  o hoxe secretario Xeral da formación morada   era articulista en diario Público e tertuliano na Sexta compaxinou esa dedicación    coa función de asesor  de Alternativa  Galega de Esquerdas (AGE),  unha coalición electoral  ás autonómicas galegas  daquel ano, que conformaban en confluencia    os comunistas galegos  que ela mesma lideraba   e os nacionalistas de  Anova, unha escisión do BNG cuxo máximo expoñente  era o catedrático Xosé Manuel Beiras , alcanzando  naquela  concorrencia o nada desdeñable  resultado electoral de nove escanos.

Antes de establecer esta alianza ostentou  en dúas ocasións sucesivas a condición de candidata  á Xunta,  encabezando en solitario  a lista  de  EU sen obter escano algún ao non alcanzar sequera en 1% dos votos emitidos; un expoñente inequívoco do seu baixo perfil político e do escaso peso electoral da súa formación  na Comunidade, tendo en conta que en ambos os  comicios foi incapaz de alcanzar  os 13000 votos. 

É por iso que a capitalización  do éxito electoral de Alternativa  Galega de Esquerdas AGE debe ser  atribuída exclusivamente ao tirón  de Beiras,  aínda cando foi  hábilmente rendibilizado   pola  xerifalte comunista en vantaxe  da súa proxección política, chegando a  tensionar  a situación ata o extremo  de crear un ambiente hostil , que puxo en risco  de ruptura a coalición  como así demostran os encontróns desatados   entre ambos os líderes na recta final da lexislatura  , nunha guerra sen cuartel  polo dominio do  aparello,  onde en réplica o  vetusto catedrático  non reparou en denunciar publicamente á súa oportunista socia proclamando aos catro ventos que Yolanda Díaz: «fóra  a primeira persoa que o traizoaba  politicamente ».

Non existindo dubida algunha que aquela actitude  da  lideresa  comunista por tomar o control de mando  no  espazo da  unidade popular foi o causante dunha situación de fractura política que se fixo máis notoria coa estruturación de en Marea  e  o desembarco  en Galicia  do recen constituído Podemos, cuxa estratexia non foi outra que apropiarse do   espazo soberanista para así utilizar a confluencia  coa exclusiva finalidade de laminar o discurso plurinacional; único obxectivo  da formación morada,  que  contou en todo momento  coa colaboración da dirixente da fouce e o martelo , que puxo  de relevo un  afán desmedido por satisfacer a súa ambición política,   que nunca por auspiciar a defensa do interese xeral. 

Non en balde pola súa estreita relación  con Iglesias  a que outrora fóra dirixente de EU, sen ter pertenza orgánica, converteuse de facto na  auténtica autoridade das decisións de Podemos  na Comunidade , ostentando  maior rango  de decisión que a propia Executiva,  para o que fixo  valer a súa condición de experta axitadora  política, actuando como dona da situación, pero non só reavivando o seu autoritarismo, senón tamén, utilizando as prácticas mais indecentesdo seu  infecto historial político cuxos acenos de identidade cífranse en intrigas e escándalos.

Basta  apuntar como mostra, (os seus excesos  decorativos  no Concello de Ferrol, a rocambolesca expulsión de militantes da súa formación por denuncia fundada de pornografía infantil, o asalto pirata ao censo electoral-dixital de en Marea, o apuñalamento dun Beiras que fóra  o seu  valedor ,a  autoproclamación como candidata sen primarias de referendo, e un extenso etc,), todo un  cúmulo de turbulencias que mais que avalar a súa continuidade na actividade política son xustificación sobrada para forzar o seu desaloxo da vida pública, porque a súa  carencia de ética é un  lastre que  electoralmente cotiza á baixa.

Con tales prácticas difícil está facer nova política desde o colectivo e  empoderando á xente, pois  prescindindo  de código ético será totalmente imposible arraigar un novo mapa mental no electorado; sobrando dicir que de persistir en semellantes prácticas mantendo o silencio cómplice ante condutas corrompidas a decadencia de Podemos estará máis que servida,  máxime cando se  transixe ante feitos cuxas vítimas son nenos e nenas obrigados a pousar sometidos  sexualmente, no canto de proceder en consecuencia erradicando e illando quen acubillou ao  artífice de tales prácticas.

Na cúpula da organización  hai quen  parece esquecer que, despois da fulgurante pero breve acollida popular dos seus inicios como movemento cívico, Podemos non cesou de incrementar o seu descrédito pola permisividade de acoller nas súas filas ao mais   irreflexivo e oportunista da  ralea política, sendo aí onde radica a súa cada vez máis acentuada desconexión social  e por extensión  e por extensión  a súa acelerada  descapitalización electoral..

No caso  de Yolanda Díaz  non é necesaria a intervención das cloacas para prefabricar con rumores o seu desprestixio,  pois basta con tirar da súa contaminada bagaxe política; sobrando dicir  por iso, que de alcanzar  a dirección da formación violeta  a acta de defunción de Podemos estaría estendida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta