Pois ben, nesta España da democracia, polo que se ve, ás feridas da mal chamada noutro momento cruzada polo vencedores, aínda non están pechadas de todo. Seguen a supurar o dolor dunha traxedia que dividiu e aínda divide a nosa sociedade. A chamada transición política que nos levou do franquismo á democracia ten unha grande débeda cos vencidos. Decía Ernesto Carratalá autor das “Memorias dun piojo republicano” que, en España, non houbo transición, se non que houbo unha transación. Un pacto no que, os vencidos, perdendo dos seus dereitos, cederon a maior parte da razón por acadar un acordo cos poderes fácticos ebntre os que se atopaba a igexa. E tiña toda a razón, pois non somentes se cedeu no modelo de Estado se non que colocouse no trono a un elexido polo ditador e nada se lle reclamou a todos os responsables das tropelías da ditadura.
Todo isto ben a conto, pois a Igrexa, hai uns días, decidiu beatificar a un gran número de cregos asesinados durante a guerra. E fixoo sen mostrar o máis mínimo arrepentimento por vivir amparando a un ditador que camiñaba baixo pálio. E máis, deu a entender que aquil terrible conficto bélico fora un acto contra á fé e a relixión. Polo que, ós dirixentes da institución relixiosa, faltoulles a valentía para facer unha autocrítica sobre os erros cometidos durante tantos anos exercendo o ministerio ó lado do Xeneralísimo; faltoulles coraxe para revisar o seu pasado, moitas veces marxinador dos que pensaban distinto a eles e amosando un apoio incondicional o xeneral que na monedas se sentía caudillo pola graza de Deus.
Pero non é a crítica pola beatificación a que me move a escribir estas liñas. Non. O que me incita a facelo é o tono e a omisión premeditada, tanto do goberno do Estado e das autoridades asistentes ó acto, como da isntitución relixiosa, referido ós mortos da parte republicana que aínda están nas cunetas; os miles de mestres asesinados; os miles de persoas machacadas por seren críticos cunha institución que viviu sempre ao amparo do poder; os curas doutras zonas do estado asesinados polos nacionais, pensemos nos vascos, os indefensos cidadáns seres sinalados polos cregos por seren sospeitosos de defender puntos de vista laicos distintos e contrarios ós dos sublevados contra a república.
Por iso a reflexión que me suscita o da beatificación masiva é que, neste país, a relixión vive distante, moi distante da realidade social. Vive para frenar a evolución das sociedades e para fuxir de consensos que restañen as tráxicas historias vividas; vive para ser alidada do poder e así perpetuarse mantendo grandes privilexios. Pois se non, como se pode intrepretar que non houbera, nese acto relixioso, un recordo para os miles de asesinados, xente de boa fe, homes cultos e magnificos cidadáns, que están nos pasillos do cemiterios e nos camiños sen nome nin sinal.
Despois do acto de beatificación, moitos pensamos que o poder político ten que ter a sensibilidade de restablecer a memoria de todos os mortos nun conflicto civil. Conflicto orixinado por un levantamento que derivou nunha ditadura de case cincuenta anos. Desta maneira, a ferida que ten esta sociedade, deixará de botar pus e supurar dolor. Outras sociedades, nas que pasaron semellantes confitos, están a facelo. E a Igrexa, e o seu máximo representante que sempre fala de perdón, no acto referido perdeu unha gran oportunidade para empezar a dar exemplo.