"O rural galego foi o máis prexudicado pola redución de trens do estado de alarma"

Demandan a Renfe a restitución das liñas suspendidas en abril de 2020: "este horario é incompatible coas necesidades da cidadanía".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Nova demanda no marco das comunicacións e transportes de Galicia. Co estado de alarma de 2020 non foron poucos os operadores de servizos públicos que decidiron reducir ou eliminar determinadas frecuencias ante a natural baixada de tráfico. Porén, dende hai xa meses proliferan voces denunciando que tanto RENFE como as principais compañías de autobús manteñen traxectos suspendidos malia a fin do estado de alarma.

Tren AVE de Renfe. RENFE - Arquivo
Tren AVE de Renfe. RENFE - Arquivo

A RENFE xa anunciou que o vindeiro día 7 ten previsto aumentar as circulacións ferroviarias en Galicia, se ben, de acordo co sindicato CGT, aínda non foron especificadas cales. O anuncio da compañía pública chega pouco despois de que a formación sindical reclamara a reposición de traxectos tanto no ámbito autonómico como estatal, unha restitución que está por ver se se concreta ou non na ampliación do día 7.

A RENFE xa anunciou que as ampliación se desenvolverán no marco dos traxectos de media distancia, un dos espazos máis aqueixados polas limitacións, de acordo coa CGT. Así, o sindicato chama a atención sobre as problemáticas ocasionadas pola eliminación dos trens "de primeira e derradeira hora do día con inicio e remate en Vigo", suprimidos dende abril de 2020.

"As cidades de Arcade, Catoria, Padrón e Pontecesures non teñen ningún tren entre as 6:20 e as 11 da mañá, sendo o rural galego o mais perxudicados cos novos horarios establecidos por RENFE durante o estado de alarma", aseguran. Tamén reclaman a restitución do primeiro tren AVANT da mañá Ourense-A Coruña (6:45) e "o aumento de circulacións no resto de corredores internos de Galiza".

 

A CGT solicita, á parte, a reposición dos trens con saída 6:58 Vigo Guixar-Compostela, 7:25 Vigo Guixar-Pontevedra e regreso 8:00 Pontevedra-Vigo Guixar, 21:35 Vigo Urzaiz-A Coruña. "Agora mesmo o derradeiro tren que sae cara a Pontevedra, Vilagarcía, Compostela e coruña sae ás 20:30 hs de Guixar, horario incompatible coas necesidades laborais e de ocio da cidadanía galega", explican. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Lembremos , sobre todo, que as liñas Coruña - Ferrol e Coruña - Lugo - Monforte están con servicios mínimos. Xa nunca tiveron moitos, ero os que hai agora son ridículos: Tres por sentido entre Coruña e Ferrol e dous por sentido entre Coruña - Lugo e Monforte.