Hai uns días entrou no Parlamento de Galicia a reforma para a reducción dos 11 deputados en base a un suposto aforro económico, pero que mantén a cota do 5% aprobada por Fraga para acceder ó reparto de asentos na cámara galega.
Supoño que moitos cidadáns nun primeiro termo pensarán que recortar escanos está moi ben, pois reducense gastos. Pero esta reforma, no fondo soamente pretende un obxectivo: manter a maioría absoluta actual e o poder nesta terra a toda costa e davaluar as nosas institucións de autogoberno.
Todo o mundo sabe que a lei de Hont, a que se emprega para repartir os escanos por provincia é un sistema que sempre beneficia ós partidos maioritarios. Pero se a esa lei, ademáis lle engadimos trampas como límites para acceder ó reparto de escanos, como o que desbota as listas que non acadan o 5% dos votos nunha circuscripción electoral, estamos favorecendo descaradamente á lista máis votada. Podéndose dar o caso de que os últimos escanos salgan con pequenos restos, mentre cantidade de cidadáns quedan sin representación con números moi superiores, pero que non acadaron o 5%.
Pero para ver gráficamente con números o que digo sobre a pluralidade no parlamento porei un exemplo. Nas eleccións do 2012 en Catalunya onde soamente se aplica o 3% para acceder ó parlamento, Converxencia perdeu 85.669 votos e 12 escanos. Ou sexa pasou de ter 62 a 50. Nas últimas eleccións galegas onde se aplica o 5% o PP perdeu 135.493 votos e gañou tres escaños, pasando de 38 a 41. Velaí unha diferencia importante que apuntala maiorías como no caso galego, ou fai perder representación, como en Catalunya segundo se aplique un ou outro porcentaxe que limite o acceso.
Pois ben, Feijoo e os seus, vendo que a situación electoral augura un castigo serio nesta terra, fuxindo de propostas rigurosas de baixar os soldos dos deputados, reducir asesores e cargos de representación, de eliminar deputados, hai máis de 100 nas catro galegas, etc, opta pola reducción de escaños para así subir o número de votos para ter un representante, e coa axuda do 5% vetar a entrada no Parlamento doutras forzas políticas, e de paso asegurarse a maioría absoluta.
Conclusión; estamos diante unha maniobra caciquil, antidemocrática e deturpadora da democracia que so pretende eliminar á oposición e perpetuarse no poder a toda costa. Estamos diante unha maniobra na que a maioría absoluta desvirtúa a democracia e ademáis trata ós galegos como xentes menores de idade; como votantes que nada entenden sobre os métodos de elección dos seus representantes. Se as normas parlamentarias e electorais sempre se acordaron por consenso, esta reforma que pretende Feijoo e o PP, agocha alomenos dúas cuestións, a primeira: arrogancia e prepotencia, e a segunda: medo a perder o poder. En fin, de pena.