Suiza

Emigrar para Suiza foi, hai varias décadas, a pretensión de moitos galegos que, buscando mellor vida, soñaban con xuntar uns francos e logo facer unha casa, algunha ó estilo alpino, na aldea que os viu nacer.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/02/2014

Comparte esta noticia
Anos da penuria franquista nos que  había que emigrar, algo que  volve a repetirse para os máis novos. Estes galegos,  que  viñan   de vacacións  e contaban as grandezas do país helvético,  afirmaban que    alí todo era perfecto. Todo estaba controlado polo goberno, polo que  non sei o que diran a día de hoxe, despois da aprobación do referendo que limita a emigración europea. O referendo que abre un muro de separación na UE. 
 
Pasado un tempo as información sobre o pequeno país  foron abríndonos os ollos, e logo soubemos que aquelo  que se dicía e magnificaba  soamente era a fachada dun edificio. A fachada dun país insolidario e sumamente conservador.  Era a cara mellor, a mais visible, a  cara que se  amosa o exterior e que se pon nas reportaxes para vender país.  No fondo, no lado escuro había outras cousas que fedían á  cartos que se agachaban e que viñan  de procedencia diversa,  escura e maiormente  ilegal. Tamén soubemos que iste pequeño país, neutral nos asunto bélicos,   era o refúxio preferido  dos cartos negros de moitas partes do mundo. Especialmente da xente da  vella Europa. Por tal motivo a  “A Suiza   la vella”  vivía case ó marxe da Unión Europea, pois  co estatus reseñado íballe moi  ben.
 
Agora, cando chegou o momento da  crise económica que afecta a toda Europa, aflorou aquelo de que “la pela es la pela” e a cara máis reaccionaria do país europeo  imponse non so contra a emigración en xeral, se non contra a emigración da Unión. E  ó ideario da extrema dereita sae vencedor nunha consulta para vergoña do resto dos países que a conforman o vello continente. Claro, coa idea de seguir vivindo dos cartos en B, dos cartos ocultos e escuros que moitos sen escrúpulos agochan no país onde, para abrir unha conta, non se pide  nin se tes delitos nin a procedencia dos billetes. 
 
Poderoso cabaleiro, alguén dixo  hai moitos anos, referíndose o diñeiro e que  sempre me  lembraba o meu paisano Paulino, home de moita retranca e saber  que afirmaba aquelo: canto tes e canto vales. E dicía en Suiza póñenlle fronteiras ás persoas  e non os cartos.  E o demais sonche contos.
 
En fin, Europa, a unión que  quere regular todo no vello continente, non é capaz de rematar cos paraísos fiscais no seu ámeto de acción. E soamente ten capacidade para mandar apretar o cinto ós países do sur indicándolle que hai que  baixar salarios e flexibilizar o emprego. Mentres mira, prácidamente, para outro lado e permite que este pequeño recuncho siga a ser o refuxio dos  que agochan os cartos para fuxir do fisco.   Polo que a  Suiza  dos nosos  emigrantes, non  era nin é o país perfecto que eles debuxaban cando volvían da vacacións. Non. É un país tan imperfecto como os demais que conformamos a U.E. Se acaso, é un lugar limpo e ordenado,  onde as miserias humanas convertidas en cartos de procedencia escura e delictiva están a salvo nos bancos helvéticos  do control das facendas públicas. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com