Neste senso faise bo o dito: primeiro pegas o golpe e logo pides falar. O que ven a ser algo así como, lavar a cara sen máis pretensión que dar unha imaxe de tolerancia distinta; unha imaxe que troque a faciana dun goberno que actuou e actúa contra os máis débiles dunha maneira dura e carente de sensibilidade social.
Moito choveu dende que se aprobou a reforma que iba crear emprego axiña, e trouxo máis paro que nunca. Por iso sorprende que, neste momento os medios digan que, Rajoy reúne a sindicatos e patronal para relanzar o dialógo social. Cousas veredes, pois coa gran patronal non facía falla que se reunirá pois, sen estar esta presente, facía o que ela quería. Co que a pregunta diante este xiro inesperado salta á vista: pero houbo dende que goberna o PP dialogo social? A contestación é negativa.
Cabería logo facerse outra pregunta: a apertura, despois do que choveu, dun dialgo cos sindicatos implica que a reforma laboral foi un fracaso? Pois parece que sí, dado que esta soamente permitiu que aumentaran os ERE, pois podíanse facer sen intermediación da Administración e sen xustificación algunha.
Con todo o que leva caído sobre os asalariados dende que a reforma laboral dos populares está en marcha, o tema do dialógo hai que collelo con suma precaución. Polo que parece que estamos diante unha estratéxia para trocar a imaxe negativa e pouco dialogante do PP. E como andamos en precampaña das europeas, hai que mudar de cara. Ou sexa: quitar a faciada de dereita dura e intransixente, e trocala por outra máis centrista, disposta a pactos, posiblemente minúsculos, pero que amosen un poder disposto a acordos políticos en temas laboráis. Ou sexa, primeiro puño de ferro (recortes de dereitos laborais, privatización de servizos públicos, recortes en prestacións básicas, etc) e agora luva de seda.
Asi son as cousas da política. Agora é preciso dar unha imaxe, aínda que á gran maioría dos cidadans sigan a sofrir a carestía de productos básicos como a enerxía, reducción de salarios, suba de impostos indirectos e un longo etc,. Iso nada importa pois, o que neste intre se necesita e cambiar a faciana autoritaria por outra que sexa máis aberta e dialogante.
En fin, imaxes para a galería ou fogos de artificio. No fondo sairá aquelo que dí: que todo troque para que todo siga igual ou parecido. Claro, coa desculpa do mal menor e coa aquiescencia case obligada dos sindicatos. Espermos e vexamos o que acontece.