Esquerda ou dereita?

Con suma frecuencia, e agora que andamos en pre campaña das europeas, con máis intensidade, varias organizacións políticas denominadas de esquerda e algunha que pulula no eido nacionalista galego, acusan as forzas galeguistas da chamada periferia do Estado de seren unhas organizacións conservadoras e de dereitas, pois non comparten puntos de vista teóricos coas que, estando dentro do sistema, afirman que o queren trocar sen seren capaces de propoñer outro alternativo ó actual; incluso cando gobernan fan políticas semellantes ás que fan os populares e que agora son rexeitadas maioritariamente pola sociedade.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 30/04/2014

Comparte esta noticia
Polo que viven sumidos nunha teoría que nada ten que ver coa realidade social que practican, nin coas demandas de moitos cidadáns que cando escoitan trocar de sistema, preguntan trocar ¿para que sistema? Polo que parece que a diferenza  entre esquerda e dereita soamente existe en reivindicar a gratuidade dos servizos públicos e pouco máis.  Reivindicacións teóricas incapaces de propor algo novo sustentable economicamente e  que teña visos de futuro. Ou sexa, reformas do sistema racionais que non empobrezan  a maioría social e melloren a calidade dos servizos públicos.
 
Hai uns días tiven a oportunidade de asistir a unha intervención da representante do PNV, Partido Nacionalista Vasco  Izaskun Bilbao eiqui en Ourense. Nela a dirixente lembrou algúns dos argumentos que os adversarios políticos  lanzan contra a COALICIÓN POR EUROPA na que participa a forza galega Compromiso por Galicia CxG.  Durante a súa intervención, dixo, dos autodenominados exclusivamente de esquerdas que, é  moi frecuente escoitarlle  a estes que a formación galega alíase cos grupos da dereita, esquecendo que a denominación de esquerda moitas veces non implica garantías para o mellor funcionamento das cousas a nivel social. Exemplos hai dabondo para ilustrar o que afirmo.  Polo que deu unhas pinceladas das políticas sociais que realizou e realiza o PNV onde goberna;  remarcando que esta foi a primeira forza  que en Euskadi  puxo en marcha un salario social e  os presupostos participativos e progresistas  con máis gasto   social do Estado.  Isto que dixo  acredítano os   números e a calidade dos servizos como a sanidade e a educación,  co mellor ratio de profesionais por habitantes; baixos niveis de fracaso escolar e o maior número de titulados superiores en especialidades técnico científicas de Europa. 
Pero insistiu; mentres en moitos lugares do Estado con corporacións denominadas de Esquerda o ladrillo creaba a burbulla inmobiliaria nós, no pais vasco, investíamos en tecnoloxía, en I+D. Tamén  apoiábamos as cooperativas e a industria, e agora, coa chegada da crise, temos o 50% menos de paro que no resto do da península, e uns servizos públicos tan bos ou  mellores cós  dos países de  centroeuropa. Isto é o que nos entendemos por políticas sociais. Isto é o que entendemos por progresismo e por políticas para todos os cidadáns. Nós non fixemos obras suntuosas e inútiles como se fixeron en moitos lugares do Estado. Obras que agora son cargas para as  administracións   no mellor dos casos, e disparates inútiles nos que se enterraron os cartos públicos.
 
O debate que ven dado pola definición entre esquerda e dereita maiormente é un enfrontamento dialéctico  ficticio e trucado; pois non é necesario definirse exclusivamente de esquerda  para facer políticas sociais progresistas  que afecten a gran maioría social dun pais. Se a caso, o que é necesario, e facer unha política social intelixente a longo prazo cunha grande dose de didáctica e pedagoxía social. Se a caso é necesario abrir á participación da cidadanía as organizacións políticas, á transparencia e sobre todo a ética na forma de gobernar as institucións. Pois, a cidadanía, entende moi ben as mensaxes razoadas e percibe  claramente cando se goberna con sentidiño, de cando se fala por falar baixo amparado en vellas etiquetas sen contido  e que por si mesmas nada valen.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com