A USC participa nun proxecto para crear bioplásticos a partir de residuos da pesca

Ao contrario que os plásticos convencionais, estes degrádanse no medio ambiente en poucos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O consorcio Biocenplas, no que participa a Universidade de Santiago de Compostela (USC), avanza na creación de bioplásticos a partir dos residuos da industria transformadora da pesca.

A investigación, froito do consorcio formado pola USC a través do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (Cretus), Cetaqua e o Centro Tecnolóxico da Auga e liderada por Anfaco--Cecopesca arrincou en decembro do ano pasado con financiamento da Unión Europea mediante fondos Next Generation a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O obxectivo deste proxecto é aproveitar os residuos orgánicos --tanto sólidos, como líquidos-- que xera a industria transformadora da pesca para obter bioplásticos, concretamente prolihidroxialcanoatos (PHA). O sistema biotecnolóxico proposto en Biocenplas busca contribuír a mellorar a sustentabilidade do sector diminuíndo a produción de residuos e o consumo enerxético, como se pretende nos proxectos financiados con fondos de resilencia.

Nunha primeira etapa, a materia orgánica do residuo convértese en acedos graxos volátiles, que son o alimento do cultivo microbiano e permiten acumular o biopolímero no interior das células microbianas. Deito biopolímero, unha vez extraído da biomasa acumuladora, será convertido nun bioplástico par ser utilizado como material alternativo a plásticos convencionais de amplo uso en alimentación como o polipropileno (PP) e polietilenos (LDPE e HDPE).

"É importante resaltar que a principal vantaxe deste proceso é que os bioplásticos producidos se poden xestionar xunto con outros residuos orgánicos xa que se degradan no medio ambiente en poucos meses, ao contrario que os plásticos convencionais, que poden necesitan centos de anos para completar o proceso, e son responsables dunha importante contaminación química, afectando os seres vivos próximos", apuntan desde o consorcio.

Bolsas de papel e material reciclado. MERCADONA
Bolsas de papel e material reciclado. MERCADONA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta