Por Galicia Confidencial | Agolada | 01/03/2022 | Actualizada ás 20:08
"Estamos a súa enteira disposición para ir combater contra as forzas opresoras rusas en canto vostedes o consideren oportuno". É a rotunda proposta que o alcalde de Agolada, Luís Calvo, e o seu tenente alcalde, Óscar Val, lle fixeron ao embaixador de Ucraína en España, Serhiy Pohorelzew.
Nunha breve misiva, compartida nas redes sociais do rexedor, tamén ofrecen "toda a colaboración" para acoller a ucraínos que se visen obrigados a abandonar o país, así como "toda a axuda humanitaria que precisen" e que estea nas súas mans.
"Toda nación soberana ten que gozar de liberdade, quero expresar a nosa consternación máis absoluta por este ataque a Ucraína", di Luís Calvo. A carta comeza expresando o "absoluto rexeitamento" á invasión ordenada polo presidente ruso, Vladimir Putin, e remata co ofrecemento do seu "sincero apoio e colaboración" desde o Concello de Agolada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.