Polémica nas redes por unha pregunta na TVG: "Canto custa un gramo de coca?"

"Dixo un dos guionistas que ten un amigo que o sabe, aínda que é policía", chanceou o presentador. Voz Audiovisual, do grupo voz, e productora do programa di que esa pregunta aparece recollida no informe do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (CEDA).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?". Esta é a pregunta que o presentador do espazo da TVG Atrápame se podes fixo a unha nai e a súa filla que estaban concursando no mesmo. Unha pregunta que deixou confusa ás dúas mulleres que acabaron acertando a pesares de que as dúas comentaron que "non o sabían".

O propio condutor do programa chanceou sobre a pregunta tras realizala e dixo que os guionistas tiñan un amigo que o sabía, aínda que aclaraba que este era policía. As concursantes acertaron a resposta, que era 60 euros. Tal foi a polémica que a canle pública e a productora do programa, Voz Audiovisual, do grupo Voz, tiveron que pedir desculpas.

Unha pregunta que está percorrendo as redes sociais e causou unha gran polémica, tanto en FB coma en Tuiter, onde foron numerosos os usuarios que lle recriminaron á TVG este tipo de preguntas en espazos de máxima audiencia.

Progrma na TVG onde se pregunta polo prezo dun gramo de coca
Progrma na TVG onde se pregunta polo prezo dun gramo de coca

Tal foi a polémica que fixo intervir a un guionista do programa que suliñou que a pregunta realizada está baseada en datos do "Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (OEDA). Ministerio de Sanidade. Goberno de España".

Tamén foi intenso o debate a través de FB.

DESCULPAS

A CRTVG xa pediu desculpas pola emisión desta pregunta e di que "non estaba no ánimo do programa infravalorar o grave problema que supón a drogadicción". Nun comunicado, sinala que a "formulación desa pregunta non era a adecuada, máxime tratándose dun programa de cuestións sobre cultura xeral".

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, que destaca que eliminou o programa do seu contido en liña, subliña que o compromiso dos medios públicos na loita contra a drogadicción é incuestionable.  Pola súa banda, a produtora do programa Voz Audiovisual considera que a pregunta "nunca debería exporse" da forma que apareceu en pantalla.

Ademais, explica que o dato que respondía á cuestión "Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?" aparece recollido no informe do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (CEDA), que elabora cada ano o Ministerio de Sanidade do Goberno de España, pero "foi trasladado aos concursantes cunha formulación inoportuna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta