Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/04/2022 | Actualizada ás 10:00
Randstad prevé que a campaña de Semana Santa xere en Galicia 3.950 contratos, 2.382 máis que hai un ano, cando se rexistraron 1.548, un 153,9% máis e un incremento de 8,4 puntos porcentuais superior á media nacional (145,6%).
Aínda así, a contratación nesta Semana Santa será aínda un 40,3% inferior aos niveis previos á pandemia, cando se asinaron 6.583 durante a campaña de 2019. Con respecto ao total do país, Galicia xerará o 6,2% de todos os contratos que se asinarán por Semana Santa.
Para levar a cabo esta análise, tívose en conta os datos dos sectores de transporte de viaxeiros, hostalaría e entretemento, que son os que tradicionalmente impulsan a incorporación de profesionais durante este período.
Por provincias, Pontevedra rexistrará o maior volume de contratos (1.860) e, á súa vez, o maior incremento respecto ao 2021 (171,9%). Ourense será a segunda provincia que máis creza, cun incremento do 153,7%, pero terá o menor número de firmas (230). A Coruña rexistrará o segundo maior número de firmas (1.440) e un incremento do 142,4%. E, por último, Lugo rexistrará 400 contratacións e unha subida do 123,7%.
NIVEL ESTATAL
Randstad prevé que a Semana Santa xerará 63.380 contratos en España, preto de 37.600 firmas máis que en 2021, cando se rubricaron 25.799 nun ano marcado polas restricións e os peches perimetrais que nesta campaña ano non se van repetir.
"A mellor noticia que nos pode dar a campaña de Semana Santa é que, a pesar das boas cifras que se esperan a nivel de contratación, aínda queda unha ampla marxe de crecemento ata volver aos niveis previos á pandemia", asegura Valentín Bote, director de Randstad Research.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.