Algo semellante tamén acontece cando a sociedade reclama melloras na participación democratica, ou na eliminación de privilexios que certos sectores e persoas teñen nun réxime onde, en teoría, todos somos iguais diante as institucións. Mais, cando a marea reclama afondar na democracia, os que gobernan súmanse ó carro da pretendida rexeneración, pero facendo propostas como a da modificación electoral que non son máis ca amaños para seguir montados no carro do poder, aínda que sexa a costa de fulminar o valor das maiorías nos consitorios.
Evidentemente refírome a proposta dos populares que pretende que a lista máis votada, aínda que sexa en minoría, acceda ó goberno dos concellos en primeira volta. Pois, isto que parece moi democrático, dilapida o valor que ten a maioría de votos dunha corporación municipal. Na actual lei electoral, que beneficia grandemente ás listas maís votadas, establécese o 5% para acceder ó reparto dos concellais. Así acontece que, os últimos concellais nas lista máis votadas, saen por cantidades ás veces minimas de sufraxios, mentres que os grupos que quedaron ó borde do 5% quedan fora. Fareino en números. No concello de Ourense, un concellal sae aprox. con menos de 1000 votos, pero unha lista que ten 3000, por faltarlle unas décimas para ise minimo do 5% queda fora do reparto. Pois ben, agora, en aras de non sei que, o PP pretende que un grupo sen acadar a maioría absoluta dos concelleiros, poda nomear alcalde eliminando a posibilidade de acordos electorais que sumen a metade máis un dos concelleiros electos. Pero se a lei actual en segunda volta xa prevé que, de non haber acordos na primeira, quede nomeado alcalde o primeiro da lista máis votada.
Percibo, nos populares a ansia de perpetuarse no poder a toda costa. Percibo na proposta reseñada que despois do preámbulo no que sempre se argumenta que se traballa a prol dos cidadáns, existen intereses agochados que non son precisamente os melloreres para a democracia. E non me extraña: si as leis parlamentarias e electorais sempre se fixeron por consenso, agora cando se percibe a perda de apoio electoral, o PP modifica a lei il soio, para ter máis posibilidades de manterse no poder. Para perpetuarse no mesmo. E iso é o que se quere facer no parlamento Galego coa reducción de deputados no parlamento galego. Reformar para que todo cambie pero que todo siga igual. Soio lembrar unha cousa: Nas últimas autonómicas en Galicia o PP perdeu 130.000 votos e, como no parlamento galego existe a taxa do 5% para acceder o reparto, os populares gañaron tres escaños. Ou sexa, perdendo apoios e teñen máis escaños. Pero vede o que aconteceu na últimas autonómicas en Cataluña, Converxencia perde 90.000 votos e cede 12 escanos. Taxa para acceder ó parlamento catalán o 3%. Creo que queda moi claro que a intención dos populares e ir empregando subterfuxios para seguir aferrados ó poder. Ou sexa que, a reforma que propoñen para elección de alcaldes é unha reforma oportunista e de comenencia de parte. Cousas veredes, pois parece que estas reformas vísteas o diaño, emascarado de gobernante democrático.