Nacionalismo bo e nacionalismo malo

Cantidade de veces resulta difícil discernir entre o que se entende por nacionalismo bo e nacionalismo malo. Pois segundo os asinantes do manifesto dos cincuenta intelectuais, que hai días se presentou en Madrid, todo o nacionalismo que non é o español é o malo, cuestión difícil de entender pois, por qué razón resulta malo e nocivo quererlle a unha terra, defender a súa propia lingua e cultura, sobre todo cando esta foi agredida polo nacionalismo supostamente bo durante tantos anos?.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 25/07/2014

Comparte esta noticia
 Nesta terra temos exemplos dabondo. Pois lembramos a  marxinación do noso idioma e da nosa forma de vida. E todo se fixo dende o nacionalismo dominante co afán de facernos irrelevantes e sumisos para ser gobernados segundo unha visión cuasi imperial que nos tratou moi mal como galegos. 
 
Afirmo que non son partidario da segregación do Estado, pero  entendo as  reivindicacións  que plantexan sectores sociais de comunidades que se sinten nación. Pois  que hai de malo que uns cidadáns pensen que poden mellorar a súa vida facendo un proxecto político que reclama a soberanía dun territorio? Penso que non é nada punible. A caso non estamos nun país onde se pode pensar libremente? Si é o  caso o que hai que facer  e poñer os  argumentos duns e doutros  e confróntalos. Polo tanto hai que dialogar  e chégar a acordos de coexistencia, pois o importante non son a patrias, son as persoas.  Ben sei que  isto é un tema delicado pola intransixencia dos que divinizan principios políticos que segundo eles son inamovibles, e esquecen que o catastro político en Europa modificouse moitas veces, aínda que espero que na península non se chegue a tal extremo. Pero   xa se sabe, as sociedades evolucionan e organízanse socialmente como os cidadáns desexan. De tal maneira  que o que  hoxe é bo, mañá pode ser revisable e non ser tan bo. E dende ise punto de vista sempre cómpre mirar  a historia, pois esta pode ilustrarnos máis sobre temas que agora parecen tabús.
 
Navarra gañou os seus foros, loitando. Navarra é Española e ninguén o pon en dúbida. Pero se  outro territorio pide un convenio semellante ó navarro ou o vasco, axiña é tildado de antiespañol polo nacionalismo, chamado bo. En fin, as persoas son as que forman as sociedades, e elas deciden como convivir. Polo que entendo que todos os movimentos políticos que se ideoloxizan e se enrocan nunca postura que consideran unha verdade incuestionable, outorganlle a esa  visión o valor dun dogma de fe e polo tanto  elévano a categoría de inmutable. E ise posicionamento implica  non escoitar as reivindicacións dos demais e dialogar. 
 
Por tal motivo entendo que mal se camiña cando se quere dar unha única visión de que o nacionalismo dominante é dono da  verdade suprema; condenando os chamados nacionalismos periféricos á categoría de  ideoloxías ás que hai que combatir pois son algo punible. Si e o  caso o que hai que promover é o camiño do dialogo sen dogmas nin verdades absolutas,  para rachar o xeo e percibir que, en política, todo é revisable e que hai mil maneiras de entenderse e de convivir políticamente, sempre que se respecten os dereitos das persoas.
 
Con todo o dito, son dos que entendo que non hai nacionalismo bon nin malo, hai  ou ten que existir, moita racionalidade na acción política, e sobre todo poñerlle cotas a  toda postura ideolóxica levada ó extremo, pois os extremos camiñan da man das verdades absolutas e animan  ó enfrontamento, o cal debemos  evitar toda costa.  
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com